_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Vilagarcía compostou o ano pasado 56,2 toneladas de biorresiduos coas que xerou 12 toneladas de abono natural

As experiencias de compostaxe que está a desenvolver o Concello de Vilagarcía ao abeiro do plan Revitaliza da Deputación Provincial segue dando froitos. Durante o ano 2022, os vilagarciáns que fan uso desta ecolóxica e sostible práctica de xestión de residuos conseguiron reciclar 56,2 toneladas de materia orgánica producida en domicilios particulares, desperdicios que se converteron en 12 toneladas de abono natural mediante o proceso da compostaxe. Estas cifras suman tanto os resultados dos dous centros comunitarios instalados no barrio do Piñeiriño, como dos 114 composteiros individuais distribuídos en vivendas unifamiliares.
04.03.2023.- O Concello dispón de dous mestres composteiros contratados mediante unha subvención do Revitaliza para encargarse de facer as labores de seguimento das iniciativas de compostaxe. Son eles os que controlan e supervisan o funcionamento dos centros comunitarios, visitan os domicilios particulares que tamén compostan, toman datos e resolven as dúbidas dos usuarios.

Segundo as estatísticas que se soben á plataforma do Revitaliza, os datos da compostaxe en Vilagarcía de 2022 melloran lixeiramente respecto ao ano anterior no que á compostaxe comunitaria se refire. En 2020 foron 27,9 as toneladas de biorresiduo tratado nos dous puntos do Piñeiriño, fronte os 30,6 do ano pasado, polo que se pasou de obter 6 toneladas do abono natural ás 6,5 actuais. Aínda que a diferenza non é moita, pon de manifesto que o sistema consolídase e, aínda que a paso lento, avanza de forma segura.

Axilizar os tempos de enchido dos contedores colectivos

Malia isto, os técnicos apuntan que se poderían mellorar as frecuencias de enchido dos colectores que nestes momentos se atopan en 55 días no centro comunitario do Parque do Piñeiriño e en 52 no do da rúa Pardo Bazán. Cada un destes puntos conta con seis composteiros de 1.000 litros de capacidade cada un.

Co obxectivo de axilizar os períodos de enchido, ao longo dos próximos meses se realizarán novas campañas de información e concienciación no barrio e zonas próximas para que máis veciños se sumen á compostaxe e para que os que xa o fan participen máis activamente.

Compostaxe individual

A compostaxe individual que se está a desenvolver en Vilagarcía baixo a supervisión do Concello conta tamén coas súas propias estatísticas. En 2022, os 114 composteiros revisados polos técnicos municipais xeraron 5,45 toneladas de abono utilizando como materia prima 25,65 toneladas de biorresiduo.


Unha práctica beneficiosa para o peto e o medioambente

Hai que insistir en que compostar é unha práctica totalmente inocua que permite reducir a bolsa do lixo tradicional, á que desbotamos nos contedores verdes do lixo, ao eliminar dela a fracción orgánica (restos de comida, mondas de froitos, restos de podas…). Estes residuos son os que ao botalos nos composteiros, tras un proceso de descomposición natural, acaban converténdose en compost. A maiores de obter o abono natural e ecolóxico de forma totalmente gratuíta, a compostaxe permite reducir o custe económico da xestión de residuos sólidos urbanos municipais, xa que se reduce o lixo que se leva a incinerar á planta de Sogama, servizo polo cal o Concello paga en función do peso. Pero o maior beneficio é a redución do custe medioambienmtal E tamén se reduce o custe medioambiental, xa que ao queimar menos lixo para a súa destrución, minóranse as emisións de CO2 na atmosfera.

Ampliación do servizo coa implantación do contedor marrón

En consecución dos requirimentos establecidos pola normativa europea en materia dunha xestión de residuos sostible, o Concello de Vilagarcía ten previsto levar a cabo nos vindeiros meses dúas novas iniciativas para seguir avanzando na compostaxe e xeneralizar esta práctica. A primeira é a implantación dun sistema de compostaxe comunitario na Praza de Abastos a través do proxecto promovido pola Concellería de Promoción Económica e que se financia cos fondos Next Generation. Os vendedores da praza serán os usuarios deste punto, onde poderán desbotar os restos da limpeza do peixe, carnes, verduras e mesmo flores.

E o segundo, a implantación da recollida diferenciada da fracción orgánica (os biorresiduos) en todo o municipio. Este servizo prestarase tan pronto como entre en vigor o novo contrato da recollida de lixo, cuxa adxudicación aprobou o Pleno hai una semana. A nova concesionaria terá que instalar os contedores marróns, específicos para este tipo de residuos, e encargarse da recollida dos mesmos e do traslado a unha planta de compostaxe autorizada.
A recollida separada da fracción orgánica comezará cun plan piloto cos establecementos dos sectores da alimentación e da hostalaría e, posteriormente, estenderase a toda a poboación.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -