_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O roteiro cara o miradoiro da cruz de Xiabre indicarase dende Rosalía de Castro con 23 novas sinais

O miradoiro panorámico da cruz de Xiabre espertou un enorme interese dende a súa apertura a finais do pasado verán tanto por parte dos propios vilagarciáns como de moita xente que se despraza dende outros municipios para visitar a privilexiada atalaia. Co obxectivo de facilitar o acceso ata o miradoiro e tamén a modo de reclamo, o Concello de Vilagarcía sinalizará o roteiro que leva ao miradoiro, advertindo da súa existencia no cruce da avenida Rosalía de Castro coa rúa San Xosé, e indicando o camiño a seguir dende aí e durante todo o percorrido ata a cruz. A mellora sa sinalética informativa deste recurso turístico implicará a colocación de 23 novas sinais.
07.03.2023.- A proposta para mellorar a información e sinalización do miradoiro da cruz de Xiabre parte da Concellería de Turismo, promotora tamén da creación da plataforma circular que tanta xente está a atraer para admirar as espléndidas vistas que se ofrecen de toda a ría de Arousa e das comarcas do Salnés e o Ulla.

A adquisición das sinais á empresa Giroservices S.L. foi aprobada pola Xunta Local de Goberno por importe de 3.371 euros.Trátase dunha combinación de sinais indicativas homologadas para poñer nas estradas e tamén dun panel informativo sobre o miradoiro.

Segundo a proposta de Turismo, no cruce da avenida Rosalía de Castro coa rúa San Xosé colocaranse dúas sinais indicadoras, unha en cada sentido da dirección da circulación. A seguinte colocarase no cruce da rúa García Hermo coa rúa Xiabre, onde xa están colocados indicadores do Punto Limpo e da Canceira Municipal. Aproveitando a actuación, estas dúas últimas sinais substituiranse por outras novas homologadas e que cumpran a normativa da sinalética en estradas.

Seguindo co roteiro ao miradoiro, colocarase outras dúas sinais rúa Xiabre, logo de cruzar a ponte sobre a vía VG-47, e no cruce do Punto Limpo. A última indicación na rúa Xiabre colocarase ao pé da desviación que hai que tomar para continuar o acceso ao miradoiro a través de camiños forestais de terra. Nese mesmo punto colocarase un punto de información de madeira no que se dará conta das características do tramo que leva ao miradoiro en base aos parámetros que se sigue nos roteiros de sendeirismo (lonxitude do percorrido, pendente, grao do dificultade, etc..).

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -