_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
“Somos Criminais 3” terá un segundo pase en Vilagarcía tras esgotar as entradas para a función do 21 de abril

Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán volven a triunfar en Vilagarcía incluso antes de ter actuado. Os humoristas acaban de colgar o cartel de completo para o espectáculo “Somos Criminais 3” que representan o 21 de abril no Auditorio Municipal, razón pola cal ofrecerán unha segunda función ese mesmo día a partir das once da noite. As entradas para o segundo pase desta aclamada comedia póñense á venta mañá, venres 10 de marzo, en http://www.ataquilla.com ao prezo de 18, 15 e 12 euros (máis custes de xestión).
09.03.2023.- Se esgotar as entradas nun Auditorio de 756 butacas xa supón todo un éxito, facelo na segunda xira dun espectáculo que hai tan só un ano se representou neste mesmo Auditorio, tamén con dúas funcións cheas ata a bandeira, é unha fazaña que só Carlos e Blanco e Xosé Antonio Touriñán son capaces de protagonizar. Deixan bo sabor de boca e o público sempre quere repetir.

En “Somos Criminais 3”, os humoristas analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e por que somos como somos. Coa retranca que os caracteriza e que é tan nosa, o espectáculo trata de responder con humor a preguntas como: somos criminais no sentido menos criminal da palabra?; temos nosa propia forma de ser e ser?; somos diferentes, somos similares ou somos iguais aos demais?; son certos os clichés sobre nós?; é certo que respondemos preguntas con preguntas?; non sabes se subimos ou baixamos?
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -