_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Xuventude colabora no “Encontro Mozo” para implicar á mocidade vilagarciá na gobernanza municipal

A Concellería de Xuventude de Vilagarcía colabora con Arousa Moza no desenvolvemento do “Encontro Mozo”, un proxecto de participación xuvenil que busca achegar a mocidade ás institucións e organismos públicos e fomentar a súa participación. As actividades desta iniciativa, na que tamén toman parte centros educativos de Secundaria e colectivos xuvenís do municipio, foron presentadas este mediodía no Concello por parte da edil Alba Briones, e os representantes de Arousa Moza, Raúl e Borja Santamaría e Cristina .
09.03.2023.- O Encontro Mozo é un proxecto promovido por Arousa Moza a través do Injuve e que conta con financiamento da Unión Europea mediante o programa Erasmus+. A iniciativa busca promover o diálogo entre a mocidade e as institucións, para que sexan os mozos e mozas os que trasladen directamente ás administracións as súas necesidades e propostas de políticas e programas que se dirixen ao seu colectivo.

O programa consiste nunha serie de obradoiros e consultas realizados xa en diferentes institutos, colexios e diferentes colectivos, nos que os mozos e mozas traballan en grupo sobre os seus problemas, necesidades e posibles solucións e elixen aos seus líderes. Estes serán os que participen, o venres 10 de marzo pola tarde e o sábado 11 pola mañá no Auditorio, nas sesións de posta en común para traballar nas propostas que se elevarán ao Concello. Nestas sesións tamén se elixirán aos mozos e mozas que actuarán como representantes e voceiros no encontro final a realizar no mes de abril no Concello-a data aínda está por concretar- cos representantes municipais.
Este encontro final será unha especie de asemblea no salón de plenos, na que estararán presentes estes líderes xuvenís e as persoas que forman parte da toma de decisións en aspectos que afectan á mocidade, como son o alcalde, a concelleira de Xuventude ou o concelleiro de Deportes.

O programa rematará cun seguimento das accións propostas ante o Concello, grao de execución e resultados.

Os centros educativos e colectivos que participan no Encontro Mozo e tomaron parte nas sesións preparativas son o IES Castro Alobre, o IES O Carril, o IES Armando Cotarelo Valledor, o IES Bouza Brey, os colexios Sagrada Familia Filipense e San Francisco, a
asociación sociocultural Nydia, grupos informais de mozos e mozas que practican deportes urbanos e baile k-pop e participantes nos obradoiros de sociolingüística e lingua inglesa que se imparten no Espazo Xove de San Roque.

A concelleira de Vilagarcía aplaudiu a iniciativa de Arousa Moza á que lle presta toda a colaboración do seu departamento “porque consideramos importantísimo conseguir achegarnos á mocidade -un colectivo ao que non resulta doado chegar- e que esta se implique e participe de forma activa no modelo de gobernanza participativa que queremos promover dende o Concello”. Briones Gamarra expresou o seu desexo de que este tipo de programas chegue a outros municipios e a outras administracións para que esa participación dos mozos e mozas sexa maioritaria.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -