CULTURA
Luis Piedrahita regresa a Vilagarcía en xuño co monólogo “Es mi palabra contra la mía” O famoso humorista galego Luis Piedrahita recalará en Vilagarcía a principios do mes de xuño coa xira do seu último espectáculo, “Es mi palabra contra la mía”. O “rei das cousas pequenas” volverá a pisar as táboas do Auditorio Municipal o sábado, 3 de xuño, con este novo monólogo cheo de enxeño e tenrura no que Luis analiza por que ninguén está contento co que lle tocou. As entradas para o espectáculo xa están á venta en http://www.ataquilla.com ao prezo de 18 e 15 euros, máis gastos de xestión. A función comeza ás 21.00 horas.
17.03.2023.- “Es mi palabra contra la mía” é un monólogo escrito e dirixido polo propio Piedrahita coa colaboración do humorista J.J. Vaquero e do director televisivo Rodrigo Sopeña.
Neste novo espectáculo, Piedrahita volve a uliscar a realidade con afán de porco trufeiro e saca a relucir os aspectos máis absurdos do noso día a día, tratando temas de tan fondo calado existencial como as cellas negras das señoras maiores, o medo al váter alleo ou o amor verdadeiro. Profundas reflexións de voo galináceo e improvisacións meticulosamente ensaiadas que conducen a que todos os espectadores acaben chegando á mesma conclusión: só o humor fai a vida soportable.
Humorista, escritor, ilusionista, guionista e director de cine español, Luis Piedrahita saltou á fama cos seus enxeñosos e descritivos monólogos sobre a vida cotiá e as palabras, con intervencións en programas stand-up comedy’ como El club de la comedia, e colaboracións en famosos programas de televisión como “El Hormiguero”, onde tamén fixo gala da súa faceta como ilusionista.