_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O alcalde felicita ao vilagarcián Jorge Martínez-Vázquez polo seu inminente ingreso na Real Academia Galega das Ciencias

O catedrático en Economía pola universidade de Georgia (Atlanta), o vilagarcián Jorge Martínez-Vázquez, foi recibido onte polo alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Cultura, Sonia Outón, co obxecto de trasladarlle as felicitacións do goberno local e de todos os vilagarciáns polo seu inminente ingreso na Real Academia Galega das Ciencias no acto que terá lugar mañá no Pazo de San Roque, en Compostela. Varela recoñeceu con admiración a “prolífica e exitosa traxectoria profesional, intelectual e persoal” de Martínez-Vázquez asegurando que “é unha honra para Vilagarcía que un dos nosos veciños, formado no ensino público, teña acado todos estes logros, froito do traballo e do esforzo, e polo que debe ser todo un referente e un modelo a seguir pola nosa mocidade”.
21.03.2023.- Jorge Martínez Vázquez naceu en marzo de 1948 en Vilagarcía, onde iniciou a súa formación estudando no colexio León XIII. Tras realizar o Bacharelato e o PREU “por libre” abandonou a capital arousá para iniciar a súa formación na Universitat de Barcelona e na Complutense Madrid, onde obtivo as licenciaturas de Ciencias Económicas, Dereito e Ciencias Políticas. Unha beca permítelle obter o Doutorado en Economía na Washington University de St. Luis Missouri e comeza a traballar como profesor na Georgia State University de Atlanta, onde desempeña a súa labor durante catro décadas.

Cunha vocación docente herdada do sei pai, Casimiro Martínez Altimir, que foi mestre e director do colexio José Antonio (hoxe A Lomba), a súa conexión con España e Galicia foi constante, tanto participando en cursos de verán como colaborando con universidades como a de Vigo, que no ano 2011 nomeouno Doutor Honoris Causa. Nesa ocasión, Jorge Vázquez tamén contou co recoñecemento dos seus veciños, sendo recibido no Concello pola alcaldesa, Dolores García Jiménez.

Na procura da equidade e xustiza retributiva e na loita contra o cambio climático
Xubilado da docencia, Jorge Martínez Vázquez céntrase na actualidade noutra das facetas á que dedicou parte da súa vida: a investigación académica sobre a economía do Sector Público, con estudos centrados na descentralización fiscal, a teoría práctica dos impostos e a administración tributaria. E con tres obxectivos que el mesmo remarca: a equidade e a xustiza retributiva, a adecuación dos ingresos públicos ás necesidades do gasto e o uso eficiente dos recursos públicos xa que “un bo sistema tributario é clave para ter bos sistemas de educación, saúde e infraestruturas e para o desenvolvemento económico e o benestar dos países”. Ultimamente orienta a aplicación destas políticas fiscais a combater o cambio climático.

Con esta filosofía traballou durante décadas como consultor de organismos do máis alto nivel como o goberno de USA, o Banco Mundial, as Nacións Unidas ou o Fondo Monetario Internacional. Tamén foi conselleiro e director de reformas fiscais en máis de 95 países, entre eles Rusia, China, Pakistán, Arxentina, Sudáfrica ou México e, entre outros, e foi galardoado co premio Premio Nacional de Economía 2007/09 da Federación Rusa e o Premio de Políticas Públicas do Instituto Internacional de Finanzas Públicas de Alemaña.

Admiración e fonte de inspiración

Tras unha xuntanza na Alcaldía na que o alcalde e a concelleira departiron co catedrático sobre a súa carreira e sobre a súa vida, sempre ligada a Vilagarcía -onde mantén casa e na e pasa longas tempadas-, o rexedor explicou que “xa só cun sucinto resume da carreira de Jorge Martínez-Vázquez, sobran as palabras. Só me queda expresar a miña absoluta admiración ao seu afán incansable por continuar avanzando no coñecemento e o desexo de que o seu exemplo sirva de inspiración para que moitas outras persoas apliquen as políticas económicas dende a perspectiva de mellorar a vida dos cidadáns e de coidar o medio ambiente”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -