_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Descuberta en Rosalía de Castro a canalización dun regato obturada dende hai anos por metros de raíces

A Concellería de Obras e Servizos do Concello de Vilagarcía está a desenvolver varias actuacións no marco do plan de mantemento e mellora do servizo municipal de saneamento. Froito dunha destas actuacións, a semana pasada descubriuse a canalización dun regato que baixa da zona de Trabanca Sardiñeira cara a avenida Rosalía de Castro que se atopaba totalmente obturada por raíces. Esta situación parece remontarse a varios anos atrás, a xulgar pola cantidade de material retirado do interior da condución, sendo posible que sexa unha das causas polas que cando chove de forma intensa a rúa se anegue con tanta facilidade á altura do parque da praia da Compostela, xa que a auga que baixa polo regato soterrado non atopaba saída ao mar polo que aflora cara a superficie.
21.03.2023.- O descubrimento deste regato canalizado baixo terra produciuse cando os operarios de Obras acudiron á arranxar un afundimento da rúa que comunica a avenida Rosalía de Castro co paseo marítimo (fronte o Museo do Ferrocarril) e viron que a causa fora a erosión provocada pola auga que fluía dunha tubaxe de pluviais rota dende dentro polo crecemento de raíces. Ao intentar desatascar o punto en concreto, os traballadores atopáronse con que o groso rolo de raíces que obturaba os 60 centímetros de diámetro do tubo se estendía ao longo duns 10 metros de canalización. O material retirado con bastante esforzo tiña a forma dunha longa, grosa e pesada serpe que impedía a normal circulación da auga.

Traballos en xornada de mañá e tarde

Unha vez desatascada a condución procedeuse a substituír o tramo que estaba completamente roto e estanse a revisar outros 200 metros da rede de pluviais que discorre cara a zona do balneario da Compostela e coa que conectaba a canalización do regato. Para a limpeza da rede de pluviais os operarios contan co apoio dun camión aspersor e unha cisterna de Emerxencias. Os traballos comezaron o pasado xoves e estanse desenvolvendo en horario de mañá e tarde co obxectivo de rematalos cantos antes, previsiblemente esta mesma semana. Posteriormente, reporase o firme e asfaltarase a zona afectada polas obras.
Xunto con estas labores procedeuse acondicionar os pozos de rexistro e un tramo da rede de saneamento da mesma zona pola que discorría a canalización obturada e que tamén se atopaba en mal estado.

Neste mesmo plano de actuación de mantemento e mellora do saneamento público, o Concello tamén executou nas últimas semanas a renovación dun tramo da rede de augas residuais no último tramo da rúa Rafael Pazos, en Vilaxoán, e outro na Rúa Arousa, na zona da Lomba. Neste último caso, os traballos foron complicados debido á profundidade pola que discorría a canalización, sendo preciso repoñer uns 20 metros de tubaxe. O pavimento en Rafael Pazos xa se repuxo e o asfaltado da rúa Arousa farase nos vindeiros días.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -