_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
O Vaibike! regresa ás rúas de Vilagarcía cunha app e unha tarifa “Volvemos!” de 1 euro por tres meses

As rúas de Vilagarcía recuperarán a partir do vindeiro sábado, 1 de abril, o servizo de préstamo de bicicletas Vaibike! E o fai cunha tarifa, “Volvemos!”, que terá un custe simbólico dun euro durante 3 meses, ata o 30 de xuño. Isto é así por dous motivos: un, para celebrar a volta do servizo; e dous, para que os usuarios coñezan e se afagan á aplicación móbil coa que funcionará (non haberá atención presencial nin se usarán tarxetas). A app xa está dispoñible. Ademais, as primeiras cincocentas persoas inscritas recibirán un chaleco reflectante de regalo de benvida.
24.03.2023. Foron o alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Urbanismo e Mobilidade, Paola María, quen presentaron a recuperación do servizo, unha realidade financiada a través dos fondos europeos da Edusi “Vilagarcía Avanza”. O rexedor destacou, precisamente, ese apoio europeo, pois a mobilidade sustentable e o transporte alternativo son un dos obxectivos principais non só das políticas da Unión Europea senón tamén da ONU (Obxectivos 20-30).

Paola María destacou, neste sentido, que o novo Vaibike! nace, en relación ao anterior, non con vocación de lecer, senón de facilitar o transporte alternativo. Por esa mesma razón, as estacións pasaron de 5 a 16, e as bicicletas dispoñibles serán 80, con cinco handbikes para que todas aquelas persoas con mobilidade reducida poidan ser tamén partícipes deste proxecto.

O Vaibike! funcionará unicamente a través dunha app, co nome do servizo, e de moi sinxelo funcionamento. Só hai que inscribirse e escoller o tipo de contrato, pagando cunha tarxeta bancaria ou mesmo con bizum. Ata o 30 de xuño haberá unha soa tarifa, a “Volvemos!”, cun prezo único de 1 euro por tres meses. Deste xeito, preténdese que os usuario se afagan coa aplicación e comproben que é sinxela e segura. A partir dese momento, terán que escoller que tipo de tarifa prefiren: diaria (5 euros), semanal (12), mensual (20) ou anual (36).

Cada usuario poderá dispoñer da súa bicicleta un máximo de dúas horas seguidas. Despois terá que deixala nunha das 16 estacións. Pasados 15 minutos xa poderá coller un novo vehículo de xeito ilimitado, sempre dentro marcado no seu contrato (diario, semanal, mensual, anual). Unha vez completado o formulario, sinxelo e intuitivo, o uso das bicicletas é realmente sinxelo: basta con entrar na app, que ofrece un mapa interactivo coas estacións e dentro de cada unha delas, o número de vehículos dispoñibles. Escóllese cal se desexa e o sistema detecta automaticamente se o usuario está rexistrado e que tipo de contrato ten, para liberar a bicicleta.

Mentres non se adxudique o servizo de mantemento, quen se encargará desta labor será a empresa Motobazar, que resolverá calquera incidencia, ben a través da aplicación do móbil, ben por medio dun teléfono que se indica na propia app.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -