_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Cultura reúne ás nove corais de Vilagarcía no ciclo de concertos “Vocalis”

A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía decidiu poñer en valor a labor das corais da cidade reunindo ás nove formacións existentes no municipio nun ciclo de concertos que leva por título “Vocalis”. Acompañada de representantes de todas as formacións vilagarciás, a concelleira, Sonia Outón, presentou esta mañá un evento que as agrupacións levaban tempo querendo celebrar, co que se quere dar a coñecer o seu traballo ao público e con actuacións en diferentes parroquias, a efectos de descentralizar a oferta cultural. Serán nove concertos a celebrar en outras tantas igrexas de distintas parroquias, todos de entrada gratuíta a completar aforo. O ciclo desenvolverase dende o 7 de abril ata o 20 de maio e todas as actuacións serán en fin de semana.
29.03.2023.- Outón explicou que contar con nove corais en Vilagarcía é todo un luxo e síntoma do forte arraigo que esta actividade ten no municipio. “Sodes moitas as persoas que formades parte do movemento coral, que levades moitos anos fomentando a cultura musical e actuando como elemento de cohesión social, especialmente nas parroquias. Con este ciclo queremos agradecervos esta función e tamén a vosa resistencia”, comentou a concelleira tras ler un texto do Consello da Cultura Galega no que se referenciaba a importancia das corais en Galicia.

En representación das corais interveu Pepe Álvarez, que puxo de manifesto o valor do traballo das corais “ao recuperar obras antigas e divulgalas, impedindo deste xeito que se esquezan e chegue a perderse ese patrimonio inmaterial”. Álvarez tamén falou dos “beneficios egoístas” das corais “porque os que participamos nelas disfrutamos moito de cantar, dos ensaios, de actuar, de tomar un chocolate ao rematar… as corais son un medio de socializar e polo tanto mellora a saúde mental e física. Así que… non deixedes de cantar”.

A concelleira animou aos vilagarciáns a asistir a todos os concertos para decatarse dos diferentes estilos de música que traballa cada agrupación e que van dende temas populares galegos, a música sacra, habaneras e ata zarzuela. A elección das igrexas para celebrar os concertos do ciclo non é causal. Todos os coralistas coincidiron en que, debido a súa acústica, son os mellores escenarios posibles para cantar.

Intentando afrontar o problema do relevo xeneracional que afrontan todas as formacións corais en xeral, e pagando aínda a factura que lles pasou a pandemia, con moitos meses de inactividade e a baixa de moitos dos seus membros, oss representantes nove corais de Vilagarcía amosáronse ilusionados con “Vocalis” e coa idea de que o público goce tanto como eles con estes concertos.

Cartel e datas dos concertos:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -