_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade entrega os premios e inaugura a exposición do Maratón Fotográfica do 8M

A sala de exposicións do Auditorio Municipal acolle durante todo o mes de abril a exposición do Maratón Fotográfico pola Igualdade celebrada o pasado 4 de marzo dentro da programación conmemorativa do 8M. A mostra inaugurouse esta tarde e serviu de marco á entrega de premios aos gañadores que na categoría infantil, estreada nesta edición, tivo como vencedora a Uxía Pérez Carballo, de 9 anos. No apartado de adultos os premiados en cada un dos tres bloques temáticos foron María Martínez Redondo, Andrea Fernández Maneiro e Marcos escudeiro Vieites.
31.03.2023.- O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Igualdade, Tania García, foron os encargados de entregar os premios que na categoría infantil consistiu nunha cámara de fotos dixital deportiva. Pero ademais, todos os nenos e nenas de 7 a 13 anos participantes no certame foron agasallados cos libros: “Taller de fotografía fantástica” e a biografía en formato cómic da fotógrafa Graciela Iturbide “Iguana Lady”. Pola súa banda, cada un dos tres gañadores da categoría de adultos recibiron un cheque por importe de 200 euros.

Para fallar os premios, na modalidade infantil o xurado avaliou o conxunto dos traballos presentados para ilustrar a temática Iguais pero diferentes. No caso dos adultos, propuxéronse tres temáticas. Na de Novas masculinidades o gañador foi Marcos Escudeiro pola fotografía titulada “Non me contamines”. Andrea Fernández foi a vencedora no tema Barreiras Invisibles coa obra “A primeira igualdade é a equidade” e a fotografía “Pensión de subsistencia”, de María Martínez, acadou o primeiro posto no apartado A feminización da pobreza.

A Maratón Fotográfica ten como finalidade invitar á cidadanía a reflexionar sobre as desigualdades de xénero a través das imaxes que os participantes deben captar ao longo da xornada na que se celebra a proba. Trátase dunha actividade orientada exclusivamente a persoas afeccionadas á fotografía.
A edición deste ano contou coa participación de 24 persoas que firman as 62 imaxes que compoñen a exposición.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -