_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Vilaxoán reúne aos 24 mellores cadetes de España e Portugal na II Succer Cup apadriñada por Sergio Álvarez “O Gato”

Vilaxoán volverá a converterse esta Semana Santa na capital ibérica do fútbol sub16 coa celebración da segunda edición da Ramiro Carregal Succer Cup. Baixo a organización do club San Martín e coa colaboración do Concello de Vilagarcía o evento apadriñado este ano polo exporteiro do Real Club Celta de Vigo, Sergio Álvarez, contará coa participación de 24 dos mellores equipos de España e Portugal nas categorías cadete e reunirá en Vilagarcía a preto de 2.000 persoas entre os xogadores, as familias e as afeccións que asistirán ao evento que se desenvolverá os días 7, 8 e 9 de abril.
24.03.2023.- A segunda edición da Ramiro Carregal Succer Cup presentouse este mediodía no Concello de Vilagarcía coa presenza do alcalde, Alberto Varela, o concelleiro de deportes, Miro Serén, a presidenta do San Martín, Laura Navia, o directivo do club, Jorge Soto e un representante da Federación de Galega de Fútbol, Jaime Otero.

Os organizadores destacaron o bo sabor de boca que deixou a primeira edición do torneo no que, a pesar do difícil que resultou poñer en marcha tras a pandemia, chegaron a contar con 12 equipos e unha valoración moi positiva de todos os participantes, moitos dos cales se interesaron por repetir a experiencia este ano. Con este aval, para a segunda edición logran duplicar o número de participantes ata chegar aos 24, entre os cales estarán as plantillas que están loitando polos títulos nas súas respectivas ligas.

O torneo de Vilaxoán contará este ano con tres sedes, as dúas locais do municipal de Vilaxoán e do Manuel Jiménez, e o campo de Baltar, en Portonovo. Neste último celebraranse as xornadas da primeira xornada, mentres que a herba das instalacións nas que xoga o San Martín, resérvanse para as semifinais e para as finais.

A competición organizarase en base á formación de 6 grupos cuxos respectivos cabeza de lista serán o Valladolid, o Celta, o Porto, o Boa Vista, o Braga e o Getafe. Coa clara intención de ligar o torneo á idiosincrasia de Vilaxoán, pobo de tradición mariñeira a final da categoría ouro pasa a denominase Final Mexillón, a prata, Final Ameixa e e bronce, Final Centola.

O grupo A estará composto polo Sporting de Braga, o Betis Pegaso (Valladolid), La Morenica Aldebi (León) e o Atlético Perinés (Cantabria). No B competirán Real Valladolid, Cidade de Ribeira, Navega (Salamanca) e Gimnástica de Torrelavega. No C xogarán el FC Porto, San Lorenzo (Madrid), Gamonal (Burgos) e Flecha Negra (Badajoz). No D, Boavista, San Martín, CD El Espinar (Segovia) e Betis CF Valladolid. O grupo E intégrano: RC Celta, CD San Pío X (Valladolid), CD Amistad Sniace (Torrelavega) e Unionistas Salamanca. E no grupo F xogarán o Getafe, Barbadás, Parquesol de Valladolid e o Fútbol Origen Andaluz.

O bono para asistir aos partidos durante as tres xornadas terá un pero de 20 euros, mentres que a entrada para cada xornada custará 12 euros. Os socios e familias dos xogadores do San Martín e do Portonovo terán prezos especiais inferiores a 12 euros.

A organización agradeceu a colaboración do Concello de Vilagarcía, que pon a disposición do torneo as instalacións municipais, así como ao patrocinador, Ramiro Carregal e demais colaboradores que fan posible a celebración do evento, como a Deputacio´n, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Futbol. O director tamén dirixiu unhas palabras a Serxio Álvarez, agradecendo que aceptase ser o padriño desta edición, “algo que quixemos que fixera porque representa os valores do deporte que o noso club quere promover entre as nosas bases”.

O alcalde felicitou ao San Martín para ter organizado un torneo de tanta relevancia en tan só dúas edicións e salientou a importancia que este tipo de eventos ten para o conxunto de Vilagarcía polo retorno económico que supón para a cidade. “Sempre digo que somos moi afortunados por contar con tantos clubs dispostos a promover e organizar eventos deste tipo e a levar o nome de Vilagarcía por toda España senso sinónimo de calidade e de bo facer”, apuntou o rexedor que lembrou que a Soccer Cup coincidirá en Semana Santa cun torneo de baloncesto “polo que a cidade vai estar a rebentar”.

Por ultimo tomou a palabra “O Gato de Catoira” para agradecer que o propuxeran para apadriñar o evento asegurando que “aínda que xa levo un tempo retirado do fútbol, gústame seguir participando en actividades como estas que implican ás categorías bases, porque lembro que cando eu era rapaz gustábame estar cerca dos xogadores que podían ser un referente para min. Ademais, este tipo de torneos representan unha experiencia inesquecible para todos os que participan neles”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -