_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello logra a cesión gratuíta de terreos para abrir o segundo disuasorio dos Duráns e ensanchar un vial

As xestións realizadas nos últimos meses polo goberno local de Vilagarcía para mellorar as infraestruturas no barrio dos Duráns culminaron a semana pasada coa firma de dous convenios que permitirán elevar a seguridade viaria e habilitar un novo aparcamento disuasorio na rúa Aquilino Iglesia Alvariño. Os acordos aos que se chegou coa propiedade da finca situada fronte ao parque infantil dos Duráns, a promotora Promarsa, consiste na cesión gratuíta ao Concello dos terreos necesarios para levar a cabo as actuacións coas que se continuarán mellorando os equipamentos deste céntrico barrio.
01.04.2023.- Un dos convenios afecta ao primeiro tramo da finca e consiste na cesión dos 109,4 metros cadrados de superficie que permitirán abrir o pescozo de botella que se crea en Aquilino Iglesia xusto antes de chegar ao cruce coa rúa Eduardo Pondal. O límite da propiedade retranquearase ata a aliñación prevista no PXOM, co que se eliminará este punto negro para a circulación rodada e para os peóns, que apenas dispoñían de espazo para transitar si pasaba un vehículo nunha zona que, a máis inri, carece de beirarrúa.

Humanización nas condicións idóneas de seguridade e accesibilidade
Este acordo tamén permitirá ao Concello retomar o proxecto de humanización e mellora da accesibilidade que tiñan previsto desenvolver nese primeiro tramo de Aquilino Iglesia Alvariño que vai dende a rúa Duráns ata Eduardo Pondal. A tramitación desta obra quedou en suspenso en espera a que concluísen as negociacións que permitisen que a actuación se puidera completar nas condicións idóneas, como acontecerá agora ao dispor dos terreos que permitirán ensanchar a rúa neste perigoso estreitamento.

O segundo dos convenios asinados con Promarsa ten dúas partes. A primeira prevé á cesión ao Concello dunha franxa lonxitudinal de 476,35 metros discorre en paralelo ao peche da finca entre os cruces das rúas Eduardo Pondal e Otero Pedrayo. A cesión faise de forma gratuíta e, como no caso anterior, ao entender os propietarios que suporá unha mellora nas condicións do vial e dos equipamentos que beneficiará á veciñanza e propietarios do barrio. De feito, o Concello utilizará os terreos para mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria construíndo a beirarrúa da que carece actualmente esta marxe da rúa.

Por último, nesta mesma zona, a propiedades cede ao Concello outros 1.751,65 metros cadrados para habilitar neles un estacionamento público, que se suma ao aberto hai uns anos ao final da mesma rúa Aquilino Iglesia. Neste caso, a cesión para o disuasorio faise por un período de tres anos prorrogables por períodos semellantes.

Os convenios xa asinados coa propiedade foron elevados á Xunta de Goberno Local da semana pasada onde se dou conta dos termos dos acordos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -