_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Vaibike! arranca con 100 usuarios dados de alta na primeira hora de entrada en servizo

O Vaibike!, o servizo municipal de aluguer de bicicletas de Vilagarcía, arrancou este mediodía con moi boas expectativas: tan só transcorrida unha hora dende a súa entrada en servizo, xa eran 100 as persoas que se deran de alta como usuarios a través da aplicación móbil aproveitando a tarifa "volvemos", que mediante o pago de 1 euro permite a utilización do Vaibike! durante tres meses. O alcalde, Alberto Valera, xunto coa concelleira de mobilidade, Paola María, e os edís de Medio Ambiente e de Obras e Servizos, Diego García e Lino Mouriño respectivamente, tamén quixeron estrear esta nova etapa do Vaibike! dando o primeiro paseo en bicicleta.
01.04.2023.- Na súa aposta por continuar potenciando a mobilidade sostible, o Concello de Vilagarcía decidiu renovar e ampliar o servizo municipal de bicicletas, que pasou de contar con 5 estacións ás 16 da actualidade. Deste xeito o Vaibike! chega a boa parte do municipio, tanto a zonas do centro urbano como ás do extrarradio, e dá máis facilidades aos usuarios para que fagan uso da bicicleta como medio para desprazarse pola cidade.

Dende a estación emprazada no parque de Matosinhos, un dos 11 novos puntos para a retirada e recollida dos vehículos, o alcalde e os concelleiros fixeron unha demostración do funcionamento da app a través da que os usuarios poden xestionar a retirada e depósito das bicicletas E a continuación deron un paseo pedaleando polas infraestruturas ciclistas habilitadas na contorna do parque e no camiño escolar seguro habilitado na zona dos centros educativos da Lomba.

Funcionamento da app móbil

Os primeiros pasos que se deben dar para utilizar o Vaibike! son descargar a app no teléfono móbil, darse de alta introducindo os datos do usuario e elixir a tarifa que se quere usar. Nestes momentos só está dispoñible a oferta "volvemos", de 1 euro ata o 30 de xuño. A partir de entón xa se ofertarán a tarifa diaria, de 5 euros; a semanal, de 12; a mensual de 20, e a anual, de 36 euros. Dentro da tarefa promocional actual, as primeiras 500 persoas en darse de alta no servizo recibirán de agasallo un chaleco reflector co logo do Vaibike"! Uns días antes de que remate a promoción, a app enviará un aviso aos usuarios advertíndolles do remate da oferta, informando das novas tarifas dispoñibles e invitándoos a renovar a subscrición.

Unha vez cheguados a unha estación, o sistema permite a xeolocalización do usuario e indica na app o punto no que se atopa e as bicicletas dispoñibles, que estarán sinalizadas cun piloto en cor verde na propia estación. Tras elixir o número do vehículo que se quere retirar -sempre a través da app descargada no móbil- deberá esperarse a que o piloto verde palpabree. Entón será cando se poida retirar o vehículo da súa ancoraxe tirando cara atrás, e tendo coidado de non facer un dobre movemento atrás-adiante para que o cadeado non se volva a prender, co que tería que reiniciarse o proceso.

Na demostración tamén se explicou que si hai dúas persoas collendo bicicletas nunha mesma estación, a segunda deberá esperar 30 segundos para retirar a súa, o termpo que require o sistema para dar por rematado un proceso e comezar co seguinte. Se non se agarda ese tempo, a bici non se libera.
O usuario pode utilizar a bicicleta de forma continuada durante un máximo de dúas horas. Para poder seguir utilizándoa tería que depositala nunha estación e volver a retirala.

Outras avantaxas que permite a app son reservar unha bicicleta da estación máis próxima ou que mellor lle conveña. Deste xeito evítase a posibilidade de que ao chegar ao lugar non haxa ningunha bicicleta dispoñible. Do mesmo xeito pode reservarse un cadeado para devolvela, tamén con media hora de antelación. As bicicletas e cadeados reservados aparecerán sinalados coa luz do piloto da estación prendida en cor azul para indicar ao resto dos usuarios que non están dispoñibles. Se o piloto se ilumina en vermello significa que hai un fallo de funcionamento do sistema e o punto non está operativo.

Tamén dende a aplicación se pode consultar o número de bicicletas dispoñibles en cada unha das estacións, onde se sitúan as que están dotadas de cadeira para levar bebés ou as handbike para persoas con mobilidade reducida e onde hai cadeados libres.

A xestión do Vaibike! a prestará durante o primeiro semestre de funcionamento a firma vilagarciá Motobazar, que se encargará de asegurarse de que en todas as estacións existen bicicletas, así como do mantemento e arranxo dos vehículos. A empresa fará o seguimento das estacións mediante a app, e o usuario tamén poderá comunicarlle incidencias a través desta do número de teléfono que parece na mesma.

Como xa se dixo, no novo Vaibike! dispón de 16 estacións e 80 bicicletas a estrear, 8 das cales son handbikes, e funcionará as 24 horas do día os 365 días do ano.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -