_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Oito entidades sociais e un club deportivo reciben no Concello axudas da deputación por valor de 25.000 euros

Representantes de oito entidades sociais do municipio e un club deportivo reuníronse esta mañá no salón nobre do Concello para participar no acto de entrega das axudas concedidas pola Deputación provincial. O organismo repartiu entre os nove colectivos un total de 25.000 euros. A deputada provincial, Begoña Estévez, e a concelleira de Traballo e Benestar, Elena Suárez, foron as encargadas de entregar os cheques.
05. 09. 2013.- Begoña Estévez entregou axudas á Fundación Amigos de Galicia que percibiu 1.000 euros destinados ao plan de persoas sen recursos en risco de exclusión social; Asociación Lar Pro Salud Mental con 2.000 euros para o taller de música e control emocional; 1.000 euros para o proxecto de atención básica de Caritas Arousa; 2.000 para o proxecto método pilates e fibromialxia para a Asociación colectivo de afectados de fibromialxia; 3.500 euros para o proxecto III Curso de xardinería sa Asociación de diminuídos psíquicos Con Eles; e 1.000 euros para gastos correntes de AFASAL.

Por outra banda, A Fundación Contra o Narcotráfico recibiu un total de 8.000 euros, dos que 6.000 están destinados á creación do servizo de cooperación antidroga e 2.000 para a campaña de panos brancos contra a droga. A Asociación Ccanvinhar Loita contra o VIH, 6.500 euros para a adquisición dunha furgoneta e 1.000 para gastos correntes.

En accións encamiñadas ao deporte, o Arosa SC percibiu 3.500 euros para a adquisición de material deportivo.

A través destas subvencións, a Deputación de Pontevedra amosa o seu compromiso de prestación de servizos sociais de atención especializada, así como de ámbito cultural e deportivo para que as entidades beneficiarias poidan ofrecer todas as prestacións que demandan.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2024  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -