_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello amplía as medidas contra a pobreza enerxética ás principais compañías de luz e gas de Galicia

O Concello de Vilagarcía segue adoptando medidas contra a pobreza enerxética e de protección a familias ou persoas en situación de vulnerabilidade ou urxencia social. A Xunta Local de Goberno aprobou a adhesión do Concello ao convenio subscrito pola FEGAMP con catro empresas subministradoras de enerxía en Galicia co obxecto de evitar que se chegue a cortar o servizo a persoas que non poden facer pago aos recibos. Os Servizos Sociais municipais serán os encargados de informar e dar conta destes casos ás empresas e aboar a débeda a través das correspondentes axudas de emerxencia.
04.02.2017.- O Concello, a título individual, xa asinara o pasado ano un convenio de características similares con Gas Natural Fenosa, acordo que está en marcha dende hai meses. O que se subscribe agora de forma colectiva a través da FEGAMP permite ampliar as medidas contra a pobreza enerxética ás outras tres principais compañías subministradoras de electricidade e gas que operan en Galicia (Endesa, Iberdrola e Viesgo) de xeito que tamén os clientes destas poidan beneficiarse das medidas.

O convenio da Fegamp establece o protocolo de actuación, segundo o cal a posta en marcha do mesmo actívase a través dos Servizos Sociais do Concello. Cando estes detecten un caso de vulnerabilidade económica que impide facer fronte ao pago dos recibos de luz ou gas, á vez que se tramita a correspondente axuda de emerxencia, darán parte á empresa subministradora para paralizar o proceso que leva ao corte do subministro por impago. En caso de que xa o teñan cortado, a compañía está obrigada a repoñelo dentro das 24 horas seguintes á recepción da comunicación. Pola súa banda, o Concello pagará as facturas directamente á compañía.

Aínda que o Concello de Vilagarcía concede axudas de emerxencia social para que as familias en situación de vulnerabilidade económica poidan pagar o subministro de enerxía, en moitos casos os trámites iniciábanse cando xa se lles tila cortado o servizo ou o procedemento estaba a piques de ser executado. Estes acordos permiten actuar de forma inmediata para evitar o traumático corte mentres se xestionan e pagan as axudas.

Compromiso de asesoramento individualizado

O convenio establece outras accións de carácter preventivo como a obriga das compañías a ofrecer asesoramento individualizado aos beneficiarios deste convenio a efectos de informalos sobre as medidas de aforro enerxético e de gasto de enerxía, como por exemplo revisar as potencias contratadas ou hábitos de consumo.

A maiores, o departamento que dirixe Tania García, tamén chegou o ano pasado a un acordo similar con Espina e Delfín, a empresa subministradora de auga potable en Vilagarcía.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -