_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello pide á Xunta adiantar a abril as contratacións de auxiliares de policía

A Xunta Local de Goberno aprobou onte solicitar á Xunta de Galicia o adianto das contratacións de auxiliares da Policía Local que se fai anualmente como reforzo das plantillas dos municipios turísticos durante a temporada de verán e a partir do 1 de xuño. O Concello realiza esta petición en base a situación excepcional do cadro de persoal do corpo, mermado polas xubilacións e baixas. A intención do Concello e contar con 5 auxiliares dende abril e outros 5 dende maio, en ambos casos e segundo establece a convocatoria da Consellería da Presidencia, por prazo de catro meses.
07.02.2017.- O adianto das contratacións tamén se fai preciso para cubrir as necesidades que se xeran en Vilagarcía durante a época de Semana Santa e as Festas de Santa Rita, temporadas onde se incrementa tanto os desprazamentos por estrada como o volume de visitantes no municipio.

O Concello expón na súa solicitude, tal e como se recolle no informe da Xefa da Policía, que aparte das vacantes existentes no cadro de persoal por xubilacións nos últimos anos, na actualidade hai 4 axentes de baixa. No informe tamén se explica que, aínda que se están dando pasos para cubrir as vacantes existentes, os 3 axentes que serán seleccionados este mesmo mes tras finalizar as probas da oposición, non poderán prestar servizo de xeito inmediato, xa que primeiro deberán acudir á Academia para facer o curso de formación e logo, tras un breve período de prácticas, deberán regresas á Academia en setembro.

O goberno local ten previsto incluír na oferta pública de emprego dos orzamentos de 2017 a cobertura doutras 3 prazas de axente co obxecto de ir cubrindo as vacantes do cadro de persoal e aliviar a carga e condicións de traballo que soportan a actual plantilla.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -