_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Comezan os traballos para a redacción do novo regulamento de uso dos centros culturais municipais

Tal como se comprometera no último Pleno, o goberno local puxo en marcha hoxe o mecanismo para crear o novo regulamento de uso dos centros culturais do municipio que substituirá ao texto aprobado de xeito unilateral polo anterior executivo do PP co rexeitamento do resto de grupos da Corporación e a oposición dos colectivos. Na primeira reunión estiveron representados os cinco grupos municipais. O goberno socialista avanzou algunha proposta, emprazándonse os concelleiros para a semana próxima co obxecto de continuar traballando xa con máis aportacións.
09.02.2013.- Por parte do goberno acudiron á xuntanza a tenente de alcalde, Tania García, e a Concelleira de Cultura, Sonia Outón. O PP estivo representado pro Rocío Llovo, a que fora responsable de Cultura no anterior mandato; e os voceiros dos restantes grupos da Corporación Jesús López (EU), Xavier Ríos (BNG) e Gaspar Somoza (Somos).

Dado o rexeitamento social do regulamento do PP, o executivo socialista propuxo coller como documento base sobre o que traballar o borrador consensuado no seu día polos colectivos veciñais e culturais e que fora subscrito polos grupos da oposición. O goberno considera que, independentemente de ampliacións ou melloras que se poidan introducir agora, partir do documento proposto polos propios colectivos supón xa un punto de arranque de consenso.

Como achega a maiores para recoller todo tipo de situacións e previr conflitos no que á concesión da xestión dos centros culturais se refire, as concelleiras socialistas propuxeron que no caso de haber máis dun colectivo interesado, a adxudicación se faga mediante a valoración e baremación obxectiva dos proxectos que deberán presentar as entidades e nos que se recollerán aspectos como o programa de actividades a organizar no centro, o número de participantes e impacto das mesmas; así como outros aspectos relativos á traxectoria do colectivo ou número de socios, entre outras.

Ademais, o goberno propuxo a creación dunha comisión composta por representantes de todos os grupos da Corporación e do colectivo de asociacións para encargarse de valorar e dirimir nestes casos. Pola súa banda, López pediu que se inclúa nesta comisión unha representación do Consello Local da Cultura, órgano pendente de creación.
O voceiro de EU tamén plantexou a definición de modelos diferentes de xestión en función das características de cada centro cultural e dos seus usuarios, aínda que non concretou ningunha proposta.

En todo caso, os edís da oposición recolleron copia do borrador de regulamento proposto en 2013 polas asociacións veciñais e culturais para estudialo, e emprazáronse para o vindeiro xoves a efectos de continuar traballando coa aportación de novas propostas.

Unha vez rematado o proceso por parte dos grupos da Corporación, convocarase aos colectivos e asociacións para expoñer o documento e coñecer a súa opinión.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -