_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello saca a licitación a elaboración da relación de postos de traballo

O alcalde asinou onte a resolución para sacar a licitación a elaboración da Relación de Postos de Traballo do Concello, poñendo de manifesto a intención do goberno local de contar coa maior brevidade co documento que permitirá contar cun organigrama axustado á realidade e necesidades actuais da administración local, así como corrixir as carencias e atender as demandas expostas polo persoal municipal baixo os criterios de eficiencia e eficacia. O Concello destina 50.000 euros para a RPT que deberá estar realizada e entregada no prazo máximo de 12 meses.
Os traballos que se sacan a licitación inclúen o estudo, documentación, análise, descrición e catalogación dos postos de traballo do Concello para a posterior valoración e confección dunha nova RPT, documento necesario para cumprir o precepto legal relativo a que a planificación dos recursos humanos das administracións públicas terá como obxectivo contribuír á consecución da eficacia na prestación dos servizos e da eficiencia na utilizació´n dos recursos económicos dispoñibles mediante a dimensión axeitada dos seus efectivos, a súa mellor distribución, formación, promoción profesional e mobilidade.
Tres fases
Nos pregos de licitación establécese que os traballos realizaranse en 3 fases. A primeira, de que deberá rematarse nos tres primeiros meses, consistirá no análise e deseño da organización municipal; actualización da descrición funcional de servizos e unidades e a proposta organizativa e de dotacións.
A segunda fase realizarase en outros 3 meses e centrarase na realización do Catálogo de Postos de Traballo, documento no que se recollerán fichas individualizadas e coas características de cada posto, tanto de persoal funcionariado como laboral e, de ser o caso, dos postos de nova creación que se propoñan tras o análise de necesidades. Nesta fase darase participación ao persoal.
Á terceira e última fase destinaranse os últimos 6 meses. Neste tempo realizarase a valoración dos postos de traballo, que será exposta á Mesa de Negociación. Posteriormente se elaborará un manual de xestión e valoración de postos de traballo e, a continuación se redactará a RPT propiamente dita. Isto permitirá reunir todas as fases a efectos de presentar o documento definitivo.
Ao non acadar os 60.000 euros de orzamento, e a efectos de axilizar o trámite, a licitación realízase mediante o método de invitación a tres empresas especializadas e con experiencia na redacción e posta en marcha de RPT e diferentes administracións.

Evitar discriminacións

O goberno socialista xa comunicara aos representantes sindicais presentes na Mesa de Negociación a intención de realizar unha RPT actualizada ao entender que o mellor xeito de valorar e atender as reivindicacións realizadas polos traballadores é facelo dende unha perspectiva xeral e de conxunto, evitando así discriminacións, xa que son moitas as demandas realizadas tanto a nivel colectivo (Policía Local, Auxiliares Administrativos, Protección Civil, Técnicos, Operarios de Obras...) como tamén individual.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -