_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Humanos, fadas e trasgos do bosque soben ao escenario do Auditorio coa comedia do “Soño dunha noite de verán”

Vilagarcía de Arousa, 14 de febreiro de 2017.- En plena celebración de San Valentín, a temática amorosa sala esta fin de semana á escena cunha das obras de teatro máis soadas e características do xénero da comedia romántica. Trátase do clásico de William Shakespeare “Soño dunha noite de verán” que a compañía Voadora representa o sábado no Auditorio para facer pasar unha agradable e divertida velada cos amoríos e os desamores de humanos, o poder das fadas e as travesuras dalgún que outro trasgo. A entrada custa 5 euros.
14.02.2017.- Baixo a dirección de Marta Pazos, Voadora deseñou un espectáculo de gran formato de acorde coa grandeza do texto de Shakespeare. Nove actores compoñen o elenco desta comedia, engalanada cunha impresionante e coidada escenografía, decorados e vestiario. Os actores son Anäel Snoek, Andrea Quintana, Areta Bolado, Borja Fernández, Diego Anido, Hugo Torres, Janet Novas, Jose Díaz e Liza Suárez.

Sinopse

Demetrio e Lisandro queren a Hermia. Ela só ten ollos para Lisandro pero o pai dela só acepta a Demetrio. A súa amiga Helena ama a Demetrio pero este amor non é correspondido. Hermia e Lisandro acordan fuxir da cidade ao amparo da escuridade, pero son perseguidos por un enfurecido Demetrio que á súa vez é perseguido por unha extasiada Helena. No bosque, sen o coñecemento dos mortais, Oberón e Titania (rei e raíña das fadas) teñen unha disputa sobre un criado. A trama xira cando o súbdito de Oberón, Puck, corre solto cunha flor que fai que as persoas namoren do primeiro que vexan ao espertar.

Prezos simbólicos

Esta representación chega a Vilagarcía a través da programación da rede Galega de Teatros e Auditorios conveniada entre o Concello e a Agadic. O apoio institucional fai posible que espectáculos de primeiro nivel, de calidade contrastada e das mellores compañías de Galicia, cheguen ao público en xeral a prezos simbólicos.

De feito, a entrada para esta representación, igual que para todas as demais da Rede, costa 5 euros. As localidades pódense adquirir anticipadamente (máis gastos de xestión) a través de http://www.ticketea.com e do teléfono 902 044 226. Tame´n están dispoñibles o día da función na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 horas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -