URBANISMO
A Xerencia de Urbanismo concede autorización a outras 13 terrazas hostaleiras O Consello da Xerencia de Urbanismo acordou na sesión celebrara hoxe conceder de licenza para a instalación de 13 terrazas hostaleiras cuxos proxectos se adecúan á ordenanza reguladora da ocupación de vía pública con mesas e cadeiras. A estas, súmanse as 16 terrazas xa autorizadas na anterior reunión do Consello.
14.02.2016.- Este novo bloque de proxectos de terrazas corresponden a establecementos hostaleiros de diversos puntos do municipio, tanto do centro como de zonas máis periféricas. En concreto sométense á decisión do Concello e terrazas na Baldosa, 2 en Méndez Núñez e unha en cada unha destas rúas: Avenida da Mariña, san Roque, Avenida As Carolinas, Praza de Ravella, Alexandre Bóveda, Praza de España, Praza Xoán XXIII e Ramón e Cajal.