CULTURA
O goberno propón ampliar os termos dos convenios pola xestión dos centros socioculturais Os grupos da Corporación Municipal celebraron hoxe a segunda reunión de traballo para avanzar na redacción da nova ordenanza de uso e funcionamento das instalacións culturais. Horarios, composición da comisión de seguimento ou termos dos convenios a asinar coas asociacións que xestionen os centros foron algúns dos puntos abordados no encontro celebrado este mediodía.
16.02.2017.- Na reunión participaron por parte do goberno local a concelleira de Cultura, Sonia Outón, e a voceira, Tania García; mentres que por parte da oposición asistiron Rocío Llovo polo PP, Xavier Ríos polo BNG e Gaspar Somoza, por Somos Maioría; coa única ausencia de representantes de EU. As representantes do executivo deron conta aos demais concelleiros do resultado da reunión coas entidades celebrada o martes, na que se lles proporcionou copia da actual ordenanza e do documento alternativo a afectos de que as analizase. Tamén se lles informou da data do novo encontro coas asociacións que terá lugar o 15 de marzo, para presenten xa as súas suxerencias. Tame´n se lles comentou qyue xa está convocada unha xuntanza cos usuarios dos locais de ensaio para abordar tamén con eles os posibles cambios a introducir na ordenanza.
Como xa se dixo, a redacción da nova ordenanza collerá como base o documento alternativo elaborado polas asociacións en 2013. Partindo de aí, os representantes da Corporación avanzaron hoxe na definición de varios puntos. O primeiro o establecemento dos horario de apertura e funcionamento dos centros socio culturais e demais instalacións culturais municipais, atendendo sempre á realidade e necesidades específicas. O goberno fixo unha proposta de composición da comisión de seguimento que estaría presidida polo alcalde, ou persoa na que delegue, o concelleiro/a de Cultura e un membro de cada un dos grupos con representación na Corporación. Tamén formarían parte deste órgano unha representación das asociacións usuarias dos centros municipais e do Consello Local da Cultura, aínda que non se chegou a concretar o número.
Tamén a proposta do goberno planteouse a necesidade de ampliar o contido dos convenios a asinar coas asociacións que se encarguen de xestionar os centros co obxectivo de que dispoñan de máis axuda. A idea é que, ademais de recoller os gastos pola limpeza das instalacións, os colectivos tamén poidan financiar a compra de equipamentos ou material para a actividade propia do centro. O goberno socialista xa puxo en práctica esta ampliación nos convenios de 2016, pero agora queren que quede perfectamente definida e recollida na nova ordenanza.