CONCELLO
Fundación Deportes, Conservatorio e Escola de Música solicitan subvencións ao abeiro do POS 17 O Concello de Vilagarcía concorrerá aos fondos do Plan Provincial de Obras e Servizos (POS) 2017 tamén a través da liña 2 da convocatoria, a relativa ao financiamento de amortización, pagamento de débeda e gastos correntes. A Xutan local de Goberno aprobou solicitar ao abeiro desta liña, axudas para a Fundación Municipal de Deportes, o Conservatorio Profesional de Música e a Escola Municipal de Música.
17.02.2017.- A suma total solicitada á Deputación a través desta lila ascende a 33.681 euros. Para o Conservatorio demándase unha achega de 18.181 euros co obxecto de contribuír ao financiamento de redistribución do persoal interino , e para a Escola de Música outra de 9.500 para gastos de limpeza. Finalmente, para a Fundación de Deportes solicítanse 6.000 euros que terán como obxectivo financiar parte do gasto por consumo de enerxía eléctrica das instalacións deportivas.
A maiores, e como xa se informou, o Concello tamén concorrerá aos fondos provinciais a través da liña 3 do POS correspondente á creación e emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais. A suma solicitada neste apartado é de 314.331,47 euros para a contratación de 34 persoas durante 8 meses.