OBRAS E SERVIZOS
As obras de mellora do firme da rúa Valle Inclán comezan o luns O Concello inicia oa primeira hora da mañá do luns os traballos de mellora da capa de rodadura do tramo municipal da Avenida Valle Inclán. O desenvolvemento destas necesarias obras obrigará a manter pechado un carril de entrada ao caso urbano, polo que a circulación pode verse ralentizada, razón pola cal se prega aos condutores que, na medida do posible, utilicen vías alternativas. A previsión é que os traballos se prolonguen toda a semana.
18.02.2017.- Os traballos adxudicados a Marconsa afectarán ao tramo municipal da avenida e financiaranse con fondos propios do Concello. O investimento a realizar acada os 55.000 euros. A actuación afectará aos dous carrís de circulación de entrada ao centro urbano, posto que o outro lado da beirarrúa, o máis próximo ao mar, sitúase en terreos da Autoridade Portuaria. As tarefas de asfaltado destes dous carrís de competencia municipal comezarán á altura da rotonda do Cavadelo e rematarán na de Pablo Picasso.
Actuación en profundidade
Con esta actuación melloraranse considerablemente as condicións para a circulación dos vehículos xa que a vía está bastante deteriorada polo que presenta moitas fochas e desniveis. Para resolver o precario estado da vía realizarase unha actuación a fondo. Fresarase toda a vía para quitar o asfalto existe, afondando máis na zona de fochas once se eliminarán todas as capas de material para, posteriormente, rechealas. Unha vez rematada esta labor, procederase ao tratamento de toda a vía botando unha nova capa de conglomerado e o pintado final da sinalización horizontal.