_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Vilagarcía duplica as cifras de reciclado de aceite usado en tan so 3 anos

Os veciños de Vilagarcía están cada vez máis concienciados co coidado do medio ambiente e as políticas de reciclaxe. Así o demostran os datos do servizo de recollida de aceite doméstico usado cuxas cifras case de duplicaron en tan só 3 anos xa que dos 9.155 quilos que os veciños depositaron nos puntos de recollida en 2014, pasouse aos 17.805 quilos recollidos en 2016.
18.02.2017.- Os aspectos positivos destes resultados son moitos, pero o principal é que ao optar por depositar nos contedores específicos o aceite de cociña usado en lugar de desfacerse deles polo fregadeiro ou sumidoiros, os vilagarciáns impediron que se contaminasen 19.585.500 litros de auga. Aparte do beneficio medioambiental, a boa práctica do reciclaxe deste residuo doméstico tamén supón un importante aforro enerxético e económico no que se refire aos custes de tratamento específicos para eliminar os residuos oleaxinosos das augas que chegan á planta de depuración municipal.

Aparte da cada vez maior concienciación social, outro aspecto que influíu no incremento da reciclaxe do aceite de cociña usado nestes tres anos foi a ampliación do número de puntos de recollida. En 2014 existían 16 que se foron incrementando a partir de 2015 ata chegar aos 26 operativos na actualidade. Os depósitos específicos para aceite están distribuídos tanto por zonas do centro urbano como polas parroquias do rural.

A ampliación dos puntos de recollida notouse xa en 2015, ano no que se recuperaron 12.618 quilos de aceite usado fronte os 9.155 do ano anterior.

A liña de contedores máis utilizada é a situada nas Carolinas, onde en 2016 se recolleron 2.170 quilos do residuos oleaxinoso. Seguíronlle os puntos da Praza de Abastos (1.900 quilos) e do Piñeiriño (1.720). Como é lóxico, os contedores máis utilizados polos cidadáns son aqueles situados en zonas urbanas nos que a poboación está moi concentrada. Nos depósitos da Rúa Rosalía de Castro nº 28, por exemplo, recolléronse o ano pasado 1.020 quilos de aceite de cociña usado, na Rüa Doutor Tourón 1.015 e en Edelmiro Trillo 1.035.
No extremo contrario, os puntos onde se recupera menor cantidade de aceite usado, soen situarse en zonas de rural caracterizada por vivendas unifamiliares e onde a poboación están máis diseminada, por exemplo nos de Castroagudín (85 quilos) ou Cea (90).

Os demais puntos de recollida de aceite doméstico atópanse en Trabanca Sardiñeira (250 quilos o ano pasado), Guillán (115), A Torre (225), Trabanca Badiña (350), Praza de Ravella (995), A Laxe (220), Rubiáns (360), Cornazo (540), Vilaxoán (715), Sobradelo (440), Vilar-Bamio (240), Carril (810), Rosalía de Castro nº 120 (480), Pedroso-Bamio (110), Av. Cambados- edificios As Gaivotas (765), Avenida de Cambados-rotonda Pablo Picasso (715), Av. Rodrigo de Mendoza nº8 (860) e Rodrigo de Mendoza nº 61 (580 quilos).

Combustible ecolóxico que non emite xofre

Unha vez recollidos os residuos, o aceite de cociña usado transpórtase a unha planta de reciclaxe para a súa posterior transformación en biodiésel, un biocombustible vexetal que contribúe á conservación do medioambiente, posto que é renovable e limpo e non produce emisións de xofre. Ademais, reduce o desgaste do motor (maior lubricación) e pode ser usado por calquera vehículo diésel convencional sen necesidade de modificacións mecánicas.

Uso gratuíto e exclusivamente doméstico

O servizo de recollida de aceite de uso doméstico púxose a andar a finais de 2009. A súa utilización é gratuíta, tanto para o usuario, como para o Concello, grazas ao convenio de colaboración subscrito coa empresa Procesadora Gallega de Alimentos S.L., xestora de residuos autorizada pola Xunta de Galicia, que é a que se encarga de recoller os residuos e de reutilizalos como materia prima para a produción de biocombustible.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -