_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno prioriza o gasto social nun orzamento para 2017 “no que as persoas son o primeiro”

O goberno local de Vilagarcía someterá a próxima semana á decisión do Pleno un Orzamento Municipal de 27.059. 229 euros. Tratase dun documento “no que as persoas son o primeiro”, no que se priorizan as medidas de carácter social, cuxo gasto se incrementa un 4% respecto ao ano anterior e no que se reflicten a ideoloxía socialista e o modelo de cidade proxectado polo executivo presidido por Alberto Varela. Ademais de recoller compromisos como a creación dun fondo de 90.000 euros para axudar a pagar ao IBI ás persoas que non poidan facer fronte ao imposto e de incrementar as becas a estudantes e as partidas para fomento do emprego, o documento prevé seguir avanzando na humanización de rúas e nas políticas de mobilidade, accesibilidade coidado do medio ambiente e conservación do patrimonio. E todo elo, cumprindo Plan de Axuste.
23.02.2017.- A concelleira de Facenda, Luz Abalo comentou que o incremento do 2,6% en relación ao presuposto de 2016 débese á inclusión do crédito de 1,2 millóns de euros que se subscribirá para complementar a subvención de 5 millóns de euros dos FEDER dos que o Concello disporá nos próximos anos para realizar importantes investimentos na cidade. Aínda que o crédito asinarase este ano, o montante investirase en exercicios durante o período de vixencia do programa europeo.

INVESTIMENTOS POR VALOR DE 1.690.000 EUROS

A cantidade para Investimentos prevista no Orzamento para 2017 ascende a 1.6 millóns de euros procedentes de recursos propios, dun cambio de finalidade de crédito de remanentes do pasado ano e da anualidade correspondente ao crédito. A estes investimentos haberá que engadir os que se realicen a través do Plan Provincial e que aínda non están concretados.


SERVIZOS SOCIAIS, EDUCACIÓN, EMPREGO

Abalo explicou que se trata dun orzamento “equilibrado, prudente no gasto e realista nos ingresos ”, froito dunha xestión eficaz dos gastos correntes que permite destinar máis fondos a gasto social. De feito, ademais dos 90.000 euros para axudas ao pago do IBI, duplícase a partida de becas a estudantes creadas o pasado ano cunha dotación total de 52.000 euros; e increméntase á de axudas á lactancia e a destinada ao Plan Madruga, que contará con 10.000 euros máis que en 2016. Tamén se eleva en 20.000 euros a suma destinada aos programas de emprego municipais e se reservan fondos para financiar os diferentes convenios contra a pobreza enerxética asinados polo para evitar que as compañías subministradoras de luz e gas corten a enerxía a familias que non poden facer fronte ao pago dos recibos.

TRANSPORTE SOSTIBLE, MEDIO AMBIENTE, MONTES E PRAZA DE ABASTOS

Nas actuacións enmarcadas na consecución do modelo de cidade que defende o goberno socialista, en 2017, ademais de actuacións como a humanización da Praza de Galicia, séguese apostando polo transporte sostible, para o cal se eleva en 53.000 euros o crédito para financiar o servizo municipal de bicicletas do VaiBike e do bono transporte do VaiBus!. Ademais prevese unha partida para a creación dunha liña de autobús directa ao Hospital do Salnés, medida que se está a negociar coa empresa concesionaria desta ruta. Continuaranse realizando actuacións de mellora de accesibilidade no municipio e, no apartado de políticas medio ambientais, ademais de incluír unha partida de 60.000 euros para melloras no Punto Limpo, tamén se reservan fondos para o coidado dos montes e do sector primario e 90.000 euros para equipamentos da Praza de Abastos.

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS CULTURAIOS LOCAIS E BANDA DE MÚSICA

Aparte das áreas sociais, tamén Cultura ve como no presuposto de 2017 se incrementan os seus fondos con 100.000 euros máis co obxectivo se seguir apostando por actividades “que serven para encher as nosas rúas e xerar actividade” como os Festival de Blues, os concertos matinais de Achégate ao Salón e outros similares que contribúen a desestacionalizar o turismo e crean riqueza. Tamén neste apartado prevese unha nova liña de subvencións para entidades e grupos locais dotada con 28.500 euros e se incrementa en 2.500 euros a dotación para o convenio da Banda de Música.

PUBLICACIÓNS, MEMORIA HISTÓRICA E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO

Outra das novidades que se reflicten no Orzamento son a creación dunha partida para Publicacións e outra para actuacións en cumprimento da Lei da Memoria Histórica.
No que respecta ao patrimonio, resérvanse fondos para a recuperación de lavadoiros tradicionais.

DEPORTES PROTECCIÓN CIVIL E PERSOAL

O Presuposto tamén prima o deporte ao aumentar o orzamento da Fundación Municipal de Deportes en 42.000 euros e o Convenio coa agrupación local de Protección Civil engrosarase con 25.000 euros máis que o pasado ano.

O Presuposto de 2017 tamén recolle varias melloras para o Persoal. Ademais de reactivar o Plan de Pensións paralizado a principios do anterior mandato, tamén se dota economicamente a elaboración da RPT, se crean outras 3 prazas de axente da Policía Local e se reservan 10.000 euros para a adquisición de material e equipamentos para a Policía e o Servizo de Emerxencias.

EQUILIBRADO ECONOMICAMENTE SEGÚNDO OS CRITERIOS DO ESTADO

Xa en termos xerais, o alcalde insistiu en o de 2017 “é un presuposto moi pensado e traballado” e sobre todo “equilibrado”. Varela remitiuse aos informes da Intervención para sinalar que as contas cumpren no seu conxunto o Plan de Axuste e os criterios fixados polo Ministerio de Facenda “o que demostra a eficaz xestión económica que está a facer o goberno socialista que, conxelando en 2017 todos os impostos e baixando o tipo impositivo do IBI, conseguimos cumprir os obxectivos”. O rexedor tamén salientou que o nivel de endebedamento reduciuse grazas ás amortizacións realizadas en 2016 e á operación de refinanciamento do crédito proposta polo seu executivo “o que tamén nos permitirá solicitar o crédito para obter os 5 millóns dos FEDER”.

“CUMPIRMOS O PLAN DE AXUSTE FACENDO AS COUSAS DOUTRA FORMA”
Para Alberto Varela apuntou que, “todo isto demostra que hai outras formas de facer as cousas. Nós, como goberno socialista pensamos que se pode facer unha boa xestión económica sen deixar de atender ás persoas e levando a cabo medidas que contribúen á mellorar a calidade de vida dos veciños”.

Por iso ás únicas desviacións do Plan de Axuste refírense aos ingresos por taxas e impostos, que “xa que o Plan aprobado polo PP prevía un incremento anual da presión fiscal aos vilagarciáns dun 2% que nós decidimos obviar para non seguir castigando aos contribuíntes en e´poca de crise”, e no apartado de Persoal, onde se establecían recortes por importe de 126.000 euros “que tamén consideramos negativos, porque cremos que isto repercutiría negativamente na calidade dos servizos que reciben os cidadáns”.

O rexedor recalca que estas dúas desviacións parciais, non impiden que na súa totalidade, o Presuposto de 2017 cumpra rigorosamente cos obxectivos globais marcados no Plan de Axuste como así determinan os informes do Servizo de Intervención.

PROPOSTAS DA OPOSICIÓN E OS OBXECTIVOS DOS GRUPOS DE ESQUERDAS

En canto á decisión da Corporación no Pleno Orzamentario, o rexedor socialista considera que dado o carácter social dos presupostos “os grupos progresistas deberían ter que apoialo”. Varela lembrou que todos coinciden nos obxectivos principais de incremento das axudas e políticas sociais, o fomento do emprego, educación, medidas contra a pobreza enerxética, patrimonio e cultura. “Podemos disentir nas sumas, pero non no fondo. A nós tamén nos gustaría ter máis cartos para todo, pero os recursos son limitados e hai que ordenalos e distribuílos do mellor xeito posible”. A maiores, o alcalde apuntou que no documento recóllense aportacións da oposición, especialmente do BNG, grupo que presentou propostas e que as leva traballando dende finais do pasado ano.

Tamén se referiu las propostas presentadas por PP e Somos a escasas horas da convocatoria das comisións informativas dicindo que “como eles saben e esperaban, resulta imposible que se teñan engadido porque nin houbo tempo para velas”. Varela rematou dicindo que “resulta paradóxico que quen máis se queixa do pouco tempo para analizar a documentación orzamentaria, e despois de que se lle pediran achegas na primeira reunión celebrada en novembro, tarden 3 meses e as traian cando o proxecto e os informes técnicos están xa pechados”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -