_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
EMPREGO
Consulta as ocupacións solicitadas para a contratación de 34 desempregados a través do POS17

A Área de Promoción Económica e Emprego do Concello fixo pública hoxe a lista e denominación exacta das ocupacións solicitadas á Deputación Provincial de Pontevedra para a contratación de persoas desempregadas a través do Plan de Obras e Servizos 2017. Trátase de 34 postos aos que terán a oportunidade de optar as persoas que estean rexistradas nas listas do paro con algún dos perfís especificados. O Concello informa das ocupacións a efectos de que os interesados poidan actualizar os seus currículos no Servizo Público de Emprego (antigo INEM), que será o organismo encargado de preseleccionar aos aspirantes.
As 34 ocupacións requiridas polo Concello son:

• 3 Empregados Administrativos en xeral (Ciclo Medio FP Xestión Administrativa).
• 1 Monitor e/ou Animador deportivo (Ciclo Superior de FP/TAFAD).
• 10 Axudantes Albaneis.
• 4 Peóns forestais.
• 2 Pintores e/ou empapeladores.
• 4 Instaladores electricistas.
• 1 Axudante auxiliar Carpinteiro.
• 1 Auxiliar Fontaneiro.
• 1 Soldador para arco eléctrico en xeral.
• 4 Traballadores de Conservación de parques urbanos, xardíns históricos e botánicos.
• 1 Peón sepultureiro.
• 1 Axudante mantedor de instalacións deportivas .
• 1 Xestor Administrativo Técnico Medio (Diplomado en Dirección e Xestión Pública ou Empresariais ou Económicas).

Contratos de 8 meses para colectivos con especiais dificultades de reinserción

Os contratos realizados a través deste plan provincial de Emprego serán a xornada completa e terán unha duración de 8 meses. Á hora de seleccionar entre candidatos que reúnan o perfil profesional, terán preferencia as vítimas de violencia de xénero, maiores de 45 anos, membros de familias monoparental con fillos ao seu cargo, persoas cos niveis de renda máis baixos e persoas con cargas familiares.

Este plan de Emprego financiarase cunha subvención provincial por importe de 314.331 euros con cargo á liña do POS relativa ao Fomento de Emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais, máis unha achega municipal de 25.823 euros.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2017  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -