_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A IX Exposición da Camelia enche Rubiáns de flores procedentes de 23 municipios de Galicia e Asturias

Rubiáns florecerá esta fin de semana cos centos de exemplares de camelia que se exhibirán na IX Exposición que a parroquia vilagarciá dedica a esta flor. Un total de 43 expositores procedentes de 23 municipios de Galicia e de Asturias tiñan confirmada a súa asistencia a primeira hora desta mañá, aos que se sumarán os propios veciños de Rubiáns que poden acudir ao evento sen necesidade de anotarse. O centro socio cultural está xa preparado para acoller os montaxes florais do certame organizado pola Asociación de veciños “O Souto” e o Concello de Vilagarcía e que conta coa colaboración da Comunidade de Monte e o Pazo de Rubiáns.
03.03.2017.- Os 43 inscritos son cultivadores habituais no circuíto de exposicións da camelia, aos que se suma o Concello de Vilagarcía con stan propio no que se amosarán camelias dos parques e xardíns públicos. A maior parte dos expositores proceden de municipios das Rías Baixas, aínda que tamén veñen doutros puntos de Galicia e, este ano e por vez primeira, ata se achegará a Rubiáns un cultivador procedente de Asturias, en concreto do municipio de Pravia. Os demais municipios son Vilagarcía, Mos, Lugo, Rianxo, Cuntis, Sanxenxo, Vigo, Tui, Guillarei, Pontevedra, Boiro, Vilanova, O Grove, Caldas de Reis, Porriño, Marín, Redondela, Padrón, Fene, Soutomaior, Salceda de Caselas e Domaio.

As montaxes florais destes cultivadores exhibiranse no salón principal do centro socio cultural de Rubiáns, nunha superficie total de 92 metros cadrados, aos que se suman os 12 metros cadrados do escenario que a organización reserva para a homenaxe a Carlos Comendador. Neste espazo reservado amosarán as súas flores a muller do homenaxeado, colaboradora habitual do certame de Rubiáns, e outras persoas relacionadas de forma directa con Comendador.

135 metros cadrados para expoñer as composicións florais
Como en edicións anteriores, os veciños de Rubiáns tamén poderán exhibir as flores dos camelios que teñan nas súas casas e hortas. Para as súas composicións, a organización resérvalles os 20 metros cadrados da gradaría e os 12 do vestíbulo.

Aparte das flores ao natural, a Exposición de Rubiáns tamén contará con postos de artesáns que usan a camelia como materia prima para a elaboración de diversos produtos, como aceites ou xabóns, entre outros.

PROGRAMACIÓN

SÁBADO 4

09:00 h.: Inicio da montaxe da exposición.
11.00 h.: Pausa para o café.
14.00 h.:Comida para os expositores.
16.00 h.: Visita guiada para expositores ao Pazo de Rubiáns.
18.30 h.: Inauguración da exposición e entrega de agasallos aos expositores.
Actuación dos grupos folclóricos da asociación "O Souto".
23:00 h.: Peche da exposición.

DOMINGO 5

10.00 h.: Apertura da exposición en horario ininterrompido ata as 23:00 horas.
16.00 h.: Saída do tren turístico dende o Centro Sociocultural para visitar o Pazo de Rubiáns.
21.00 h.:Clausura da exposición.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -