_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello cede un piso a Cruz Vermella para o acollemento integral de refuxiados con protección internacional

O Concello de Vilagarcía cederá a Cruz Vemella o uso temporal dun piso de propiedade municipal para o programa integral de acollemento de persoas refuxiadas con protección internacional que desenvolve a organización social. Para regular a cesión temporal da vivenda asinarase un convenio de colaboración. Con esta medida, o goberno socialista, por un lado honra e cumpre a vontade de Juana Melón García, que mediante testamento doou o piso ao Concello para ser destinado a fins sociais e polo outro, colabora cunha causa humanitaria de dimensión internacional.
04.03.2017.- A sinatura deste convenio chegou a través do contacto permanente da Concellería de Servizos Sociais coas ONGs do municipio mediante o que se tivo coñecemento da necesidade de Cruz Vermella Salnés de contar cunha vivenda para poder dar cumprimento ao acordo acadado entre Cruz Roja Española e o Ministerio de Interior do Goberno de España en relación ao acollemento a refuxiados en réxime de protección internacional; e ante a circunstancia de que o Concello dispoñía deste piso. A medida segue a liña dos protocolos de actuación que Vilagarcía se ofreceu a seguir a finais de 2015 a través da FEGAMP e a FEMP como Cidade Acolledora para refuxiados.

O convenio establece que o Concello cede de forma totalmente gratuíta a Cruz Vermella o piso durante un período de 12 meses, prorrogables co obxectivo de de ofrecer unha residencia normalizada ás persoas beneficiarias do programa do Ministerio.

Pola súa banda, a organización social comprométese a cubrir as necesidades básicas dos destinatarios do programa e proporcionarlles ferramentas para a súa integración social a través da atención social individualizada, aloxamento e manutención, alfabetización e aprendizaxe do castelán, obtención de documentación e elaboración dun itinerario de inserción socio-laboral.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -