_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Os escolares de Vilagarcía convértense en “Mensaxeiros solidarios” para animar aos adultos a doar sangue

Case 750 escolares de Vilagarcía convértense esta semana en “Mensaxeiros Solidarios” co obxectivo de animar aos adultos a participar na campaña de doazón de sangue que a Axencia de Doazón de órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá a vindeira fin de semana no noso municipio. Esta iniciativa enmárcase na campaña “Mensaxeiros Solidarios” que ADOS leva a cabo nos colexios da cidade en colaboración coa Concellería de Educación que dirixe Argimiro Serén.
06.03.2017.- O propio Serén presentou esta iniciativa hoxe no Concello acompañado da directora da Axencia, Marisa López García, e o delegado en Arousa, Jesús Vidal. O concelleiro explicou que o seu departamento encargouse de contactar cos colexios e requirir a súa colaboración na campaña. Finalmente son 8 os centros que participarán cos seus alumnos de Infantil e Primaria. En concreto as escolas unitarias de Vilar-Bamio e Solobeira colaborarán con 8 e 6 alumnos respectivamente, mentres que o Vagalume farao con 170. No que a centros de Primaria se refire, o Rosalía de castro de Carril contará coa participación de 112 estudantes, A Lomba con 193, o Arealonga con 77, o Anexo A Lomba con 60 e O Piñeiriño con 118.

A partir de hoxe mesmo e durante toda a semana a ADOS distribuirá nos centros folletos e dípticos con información vencellada co solidarios xesto da doazón de sangue, para sexan os nenos e nenas máis pequenos os que a acheguen as súas familias. Nos propios centros tamén se repartirá información para o profesorado e ademais, os activos que participen na campaña recibirán como agasallo didáctico un exemplar dunha edición especial dos Bolechas, no que os membros desta coñecida familia debuxada por Pepe Carrera explican aos máis cativos as avantaxas de doar sangue e a necesidade de fomentar este xesto solidario que salva tantas vidas. O cómic leva por título “Papa Bolechas doa sangue”.

Xunto cos libros enviarase unha tarxeta anunciando as datas da próxima visita da unidade móbil de doazón a Vilagarcía que permanecerá o xoves 9 e o venres 10 de marzo en horario de mañá e tarde no emprazamento ao final da Rúa Castelao e o sábado 11 ata ás 15:00 horas.

Tanto o concelleiro de Educación como a directora de ADOS coincidiron en salientar a importancia que ten o desenvolvemento de iniciativas educativas destinadas a fomentar a creación dunha conciencia social proclive a doazón de sangue dende idades moi novas. Neste sentido, apuntaron que “Mensaxeiros Solidarios” non só contribúe a sensibilizar aos máis pequenos e pequenas da casa, se non que achega a doazón de sangue dun xeito lúdico e promove o diálogo sobre este xesto altruísta no seo das propias familias.

A directora de ADOS agradeceu ao departamento de Educación de Vilagarcía a súa colaboración na posta en marcha deste programa, agradecemento que fixo extensivo a todo o Concello pola súa contribución na promoción e difusión de campañas destinadas a fomentar a doazón de sangue.

Serén e López remataron a presentación facendo un chamamento aos vilagarciáns para que acudan masivamente a doar esta fin de semana.advertindo que en Galicia precísanse 500 doazóns ao día para poder manter a actividade hospitalaria que precisa de transfusión.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -