_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
O Concello eleva a dotación económica á Banda de Música que eleva a 34 as actuacións en parroquias

O Concello e a Banda Municipal de Música de Vilagarcía acaban de renovar o convenio anual coa inclusión de varias novidades para este ano 2017. A primeira é que o Concello eleva en 2.500 euros a dotación económica para a formación musical que, pola súa banda, ofrecerá dúas actuacións máis para as celebracións nas parroquias e inclúe o Concerto de Nadal como evento fixo no calendario. O convenio consensuado entre o Concello e o Padroado da Banda foi aprobado esta semana pola Xunta Local de Goberno.
08.03.2017.- A axuda que o Concello de Vilagarcía dará en 2017 á Banda de Música como contrapartida dos servizos que presta á administración local ascende a 42.500 euros, 2.500 euros máis que nos exercicios anteriores. A cambio, o Padroado presidido por Lucas Meda eleva a 34 o número de actuacións a realizar nas parroquias do municipio (2 máis). Unha das novidades a este respecto é que por vez primeira as comisión de festas que solicitan ao Concello o envío da Banda de Música para as súas festas parroquiais, poderán elixir entre dúas modalidades: a tradicional, de pasarrúas máis acompañamento na procesións, ou ben baixo o formato de gran concerto.

Outra das novidades introducidas no convenio a proposta do Concello é que as comisión de festas ou veciñais que soliciten a actuación da banda antes do 30 de abril terán preferencia á hora de adxudicar as 34 actuacións anuais dispoñibles. Dado que as datas das festas coñécense de antemán, isto faise coa idea de organizar o calendario de forma equilibrada e para que o reparto entre todas as parroquias sexa o máis equitativo posible, se xeito que ningunha quede sen poder gozar da actuación da Banda de Música.

O formulario tipo para solicitar á Concellería de Cultura a actuación da Banda en parroquias está dispoñible na web municipal nos apartados de “Formularios” e no Taboleiro de anuncios.
No que ás propias do Concello, o convenio establece 8 actuacións anuais da Banda de Música para eventos sinalados. Serán na Cabalgata de Reis, as procesións de Santa Rita, San Roquiño, San Roque a subida de San Roque á capela, así como o Concerto do Día do Pai e dous concertos especiais do programa A Banda na Rúa.

O Concerto comprométese a facilitar a infraestrutura necesarias para a realización dos concertos, así como a colaborar en materia de promoción e difusión dos mesmos. Nas actuacións nas parroquias organizadas pola Concellería de Cultura, o Concello tamén a facerse cargo con persoal e medios municipais das tarefas de carga e transporte do material e instrumentos.

Cesión dun local de ensaio
Ademais, o Concello pon a disposición da Banda de Música un local nos baixos don Auditorio para a realización dos seus ensaios e actividades propias da formación. A cambio deste local e como contribución a paliar os gastos de electricidade, limpeza, etc… a Banda de Música prestará outras 3 actuacións para o Concello (un concerto didáctico, actuación no pregón das Festas de San Roque e o antes mencionado Concerto de Nadal).

Recoñecemento
Con este convenio o Concello recoñece a singularidade, relevancia e antigüidade da Banda de Música, así como a importancia da labor socio educativa que presta a formación e a súa contribución á conservación do patrimonio musical do municipio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2017  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -