AVISOS
Vilagarcía acolle de abril xuño un curso de galego de nivel CELGA 4 O Servizo de Normalización Lingüística do Concello informa sobre o cursos de lingua galega que vén de convocar a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o ano 2017 a efectos de preparar ao alumnado de cara á realización das probas para a obtención dos títulos homologados. En Vilagarcía impartirase esta primavera un curso do nivel CELGA 24 ao que os interesados poden inscribirse de xeito gratuíto ata o día 28 de marzo.
09.03.2017.- O curso impartirase no IES Armando Cotarelo Valledor do 18 de abril ao 8 de xuño. As clases celebraranse de luns a venres en horario de tarde-noite, de 19:30 a 21:30 horas. Poderá realizar o curso calquera persoa maior de 16 anos ou que os cumpra ao longo de 2017.
As inscricións deberanse realizar preferiblemente por vía electrónica a través do formulario formalizado e dispoñible no enderezo web sede.xunta.es e nas páxinas web http://www.lingua.gal ou http://www.sede.xunta.gal
Non obstante, os interesados tamén poderanse dirixirse ao Servizo de Normalización lingüística do Concello de Vilagarcía onde se lles informará e axudará a realiza ro trámite por escrito a través do portelo único. Neste caso deberán achegar unha fotocopia do DNI. Para máis información poden chamar ao teléfono do servizo municipal 986 099 200 extensións 317 ou 319.