SERVIZOS SOCIAIS
As familias con nenos na Escola Infantil Municipal poden renovar a praza para o vindeiro curso ata o 13 de marzo O departamento de Servizos Sociais da Concellería Benestar informa de que o día 13 de marzo finaliza o prazo de reserva de praza na Escola Infantil Municipal de Vilagarcía para o vindeiro curso para os alumnos que xa sexan usuarios este ano e que desexen continuar. A partir do día 14 e ata o 31 de marzo abrirase un novo prazo específico para os alumnos que pretendan acceder ao centro por primeira vez.
09.03.2017.- Para realizar a reserva, os interesados deberán recoller os formularios de solicitude na propia Escola Infantil da Lomba, onde tamén lles informarán da documentación que deben achegar. Os impresos tamén se poden imprimir a través do taboleiro de anuncios da web municipal. Unha vez cubertos deberán presentarse no rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 08:30 a 14:30 horas.