_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Concello redacta o borrador do novo regulamento de usos culturais tras recibir as propostas de diversos colectivos

O goberno municipal presentará nos vindeiros días aos grupos políticos e aos distintos colectivos que teñen que ver coa xestión cultural o seu borrador do Regulamento de Usos dos Centros Culturais, que substituirá ao que aprobou o anterior goberno co rexeitamento de todos os demais partidos e unha forte contestación dos propios colectivos.
16.03.2017. Nas últimas semanas, as concellerías de Cultura e de Relacións Veciñais mantiveron diversas reunións para avanzar neste propósito; a última, onte, cos colectivos que usan e xestionan os vintena de centros socioculturais espallados polo termo municipal, principalmente nas parroquias. Antes xa se mantiveran outras xuntanzas cos usuarios dos locais de ensaio e con artistas plásticos, aos que se agora se lles vai propoñer unha redacción definitiva.

Na reunión de onte xa se avanzou nalgunhas cuestións. Por exemplo, que a partida de mantemento e xestión dos centros subirá dos 1.500 aos 1.700 euros e, como novidade, incluirá tantos os gastos de limpeza como os xerados por actividades socioculturais ligadas ao propio centro; ademais, será o concello quen se faga cargo do pago desas facturas, axilizando así a xestión tanto para os colectivos como para a propia administración.

Por outra banda, parece existir unanimidade sobre a creación dunha comisión de seguimento do Regulamento, no que ademais de representantes de distintos colectivos estarían representados todos os grupos políticos municipais, ademais de técnicos do Concello, e tería como misión resolver posibles conflitos sobre convenios ou xestión das cafeterías.

Aínda que houbo quen chegou a propoñer que os centros non conten con cafetería, en xeral todos admiten esa posibilidade, se ben existen discrepancias sobre si unha asociación á que se lle concede a xestión dun centro pode ceder a un terceiro a xestión do bar. Neste sentido, tanto o concelleiro de Relacións Veciñais coma a de Cultura insistiron en reiteradas ocasións en que calquera proposta que se faga ten que ser viable legalmente, tanto dende o punto de vista xurídico como laboral.

LOCAIS DE ENSAIO E EXPOSICIÓNS
A reunión de onte non foi a única que o goberno mantivo nos últimos días arredor da reforma do Regulamento Cultural. Tamén se pediu a opinión dos usuarios dos locais de ensaio, aínda que a resposta foi moi escasa, en gran medida porque non existe conflitividade arredor do seu uso. Neste sentido, o goberno local propón rebaixar a idade de acceso aos 14 anos, e establecer un uso preferente para os mozos de 14 a 35 anos, respectando así a orixe dos locais, dependentes de Xuventude, e simplificando as condicións que se esixían ata agora en canto a idades e empadroamento. En calquera caso non haberá restrición de uso para ninguén en función da súa idade, só que se dá preferencia a unha franxa determinada.

De igual xeito, a concelleira de Cultura tamén demandou as opinións de distintos artistas plásticos, antes de redactar unha nova proposta de regulación que se enviará a todos os creadores que figuran inscritos na Concellería, a fin de que a valoren. Entre outras cousas, Sonia Outón proporá que os catálogos a editar pasen de 150 a 300, que as exposicións pasen de 4 a 6 semanas, e que os expositores estean exentos do pago de calquera taxa polo uso das salas, recuperando a figura da cesión dunha obra ao concello, de común acordo co artista.

Unha vez que se compilen todas as propostas, e garantida a súa viabilidade económica e xurídica, o goberno exporá o borrador final a todos os colectivos e grupos políticos, antes de elevalo definitivamente ao pleno da Corporación.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -