_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade abre o prazo de inscrición no Programa CLARA de inserción socio laboral para mulleres

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía informa ás mulleres do municipio que xa está aberto o prazo de inscrición no Programa CLARA para a participación social e laboral de mulleres en situación de dificultades para atopar emprego que o Concello de Vilagarcía porá en marcha coa promoción do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades. As mulleres interesadas en participar ou recibir información respecto diso deben realizar a súa solicitude a través do Area de Igualdade - CIM. O prazo de inscrición remata o 31 de marzo.
21.03.2017.- O Programa CLARA ten como obxectivos incrementar a empregabilidade das mulleres a través da súa cualificación ou reforzo, promover unha maior participación social das mulleres e fomentar a súa autonomía persoal e económica.

Esta iniciativa conta cunha traxectoria de 19 anos ao longo dos cales obtivo resultados de inserción laboral que roldou o 40% de participantes, incluso en época de crise.

O programa desenvólvese en catro fases:

1ª. Fase de motivación e desenvolvemento de habilidades persoais: cada muller redescubre e reforza a súa dimensión persoal como muller.
2ª. Fase de orientación para a definición do perfil profesional: cada muller fortalece as súas capacidades persoais para o emprego e define e orienta a súa estratexia de inserción laboral e social.

3ª. A) Fase de formación teórica para o emprego: cada muller reforza os seus coñecementos técnicos a través da realización de formacións profesionais en ramas de actividade con demanda de emprego e adaptadas ao seu perfil.
3ª. B) Fase de formación práctica para o emprego: cada muller reforza os seus coñecementos prácticos a través da realización de prácticas non laborais en empresas locais.

4ª. Fase de procura de emprego e inserción laboral: cada muller revisa o seu perfil profesional e comeza a procura de emprego.

Entre 8 e 9 meses de duración

A duración do programa será entre 8 e 9 meses e horario flexible a acordar con cada grupo de mulleres de forma consensuada, adaptándose ás necesidades das mulleres que participan nel, principalmente en relación ás súas responsabilidades familiares.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -