_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
ECONOMÍA
Fexdega engade ao calendario de maio o salón de vehículos “Solo Clásicos Vilagarcía”

A actividade feiral en Fexdega continúa progresando coa presentación de novos proxectos expositivos por parte de empresarios locais. O último, o salón de vehículos “Solo Clásicos Vilagarcía” que se celebrará nas instalación da Maroma do 26 ao 28 de maio e que se engade ás outras dúas citas expositivasxa programadas no recinto para os meses de abril e maio: Expocasa e Arosa Motor.
22.03.2017.- Os promotores de “Solo Clásicos Vilagarcía” pretenden recuperar o proxecto dedicado as vehículos clásicos celebrado por primeira e única vez en Fexdega no ano 2008, contando por entón cun notable éxito de público e participación. Para a recuperación desta segunda cita, os organizadores, ademais da exhibición de vehículos clásicos, proxectan áreas de recambios, mercado de pezas e, xa máis no plano lúdico para os expositores, unha concentración e ruta de vehículos clásicos polas estradas da cidade e a súa contorna.

Unhas semanas antes, Fexdega acollerá outro salón dedicado a automoción. É o Arosa Motor, organizado por outra empresa vilagarciana, Klip, se celebrará entre o 28 de abril e o 1 de maio.
Esta mesma empresa é a organizadora de Expocasa, a cita que terá lugar do 13 ao 17 de maio e que supón unha novidade no historial expositivo de Fexdega xa que por vez primeira abordará os distintos sectores que interveñen na construción e amoblamento de vivendas (cociña, baños, decoración…)

A presentación destas propostas demostra os feitos evidentes da iniciativa dos emprendedores locais e a idoneidade das instalación de Fexdega para a actividade feiral. Estes zona demais dous obxectivos principais que persegue e promove o Concello: motivar a actividade dos emprendedores prestando todo o seu apoio e seguir impulsando e incrementando a actividade feiral en Fexdega como un recurso relevante para dinamizar a economía local e que é perfectamente compatible coa actividade lúdico e deportiva das instalacións.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2017  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -