CONCELLO
O Concello recibe 61 solicitudes para cubrir 10 prazas de Auxiliar de Policía para a temporada de verán O Concello de Vilagarcía recibiu un total de 61 solicitudes para participar nas probas de selección de 10 Auxiliares de Policía Local para a temporada de verán. A lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos xa se pode consultar na web municipal, dispoñendo os interesados dun prazo de 5 días hábiles a contar a partir de hoxe para presentar as alegacións que consideren oportunas.
23.03.2017.- Os candidatos que resulten finalmente admitidos participarán nas probas de selección que levará a cabo o Concello mediante o sistema de libre oposición (con probas físicas e teóricas) para proceder á contratación das 10 persoas que maior puntuación obteñan. As contratacións realízanse no marco da campaña de verán que subvenciona a Xunta de Galicia para os municipios turísticos.
As contratacións destes 10 traballadores laborais realizarase pola modalidade de contrato eventual de 4 meses de duración e a proposta arguméntase en base a acumulación de tarefas que prevé a lei de estabilidade orzamentaria. A efectos de cubrir mellor as necesidades do servizo, o Concello solicitou o adianto das contratación ao mes de abril. Segundo a solicitude cursada polo Concello á Xunta de Galicia, as contratacións dividiranse en dous períodos de xeito que cinco auxiliares disporán de contrato do 1 de abril ao 31 de xullo e os outros cinco do 1 de maio ao 31 de agosto.