_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello inclúe no POS 17 a humanización da Praza de Galicia e a instalación dunha pista deportiva nos Duráns

A obra de humanización da Praza de Galicia é a obra máis importante que o goberno local financiará este ano a través dos fondos provinciais que lle corresponden a Vilagarcía a través do POS17. A Xunta Local de Goberno aprobará o luns a inclusión no devandito programa desta e outras actuacións de diversos ámbitos, como a instalación dunha pista multideportiva no barrio dos Duráns.
25.03.2017.- O Concello de Vilagarcía disporá en 2017 de 1.397.028 euros dos fondos provinciais que se repartirán entre as 3 liñas de actuacións previstas na convocatoria. Investimentos, emprego e gasto corrente. No que á investimentos se refire, a obra de humanización da Praza de Galicia e tramo de Padre Feijoo, cun orzamento de 353.593 euros é a actuación de maior importe que se inclúe no POS 17. Estes cartos destínanse á execución da obra, xa que o Concello conta dende hai meses co proxecto redactado polo arquitecto Mariano Vázquez.

O Concello reserva 50.000 euros para crear unha nova zona de xogos no barrio dos Duráns. Este investimento destinarase a habilitar unha pista multideportiva no espazo verde situado ao outro lado do parque infantil. Con esta actuación amplíase os equipamentos desta populosa zona e dótase de infraestruturas para que mozos e adultos poidan practicar deporte.

No marco do Plan de Mellora da Accesibilidade nas Instalacións Municipais, 28.000 euros do POS serán para instalar un ascensor no edificio da rúa Agustín Romero que alberga a sede do servizo de Emerxencias e da Escola Obradoiro. Como no caso da Praza de Galicia, o investimento será para a execución da obra, posto que o proxecto xa existe.

Outra actuación de pouco importe pero moi necesaria polos anos que levaba sen facerse é o pintado integral da Escola Infantil Municipal da Lomba. Os 27.573 euros servirán para pintar o edificio tanto por fora como por todo o seu interior, o que mellorará notablemente a imaxe do centro e o fará máis acolledor tanto para os cativos como para os coidadores.

E dentro das actuacións de mellora da imaxe e a estética nas rúas da cidade, destinaranse 15.792 euros dos fondos provinciais á reparación e acondicionamento das farolas tradicionais nas principais rúas do centro urbano: Castelao, contorna da Alameda, Edelmiro Trillo e Praza de Ravella.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -