_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Servizos Sociais recorre ao POS para financiar accións de igualdade, para colectivos con risco de exclusión e maiores

Catro dos principais programas municipais que se desenvolven a través da Área de Igualdade e Benestar do Concello de Vilagarcía contarán este ano con financiamento provincial. O departamento que dirixe Tania García recorrerá ao Plan de Obras e Servizos da Deputación para contribuír a sufragar os gastos dun plan en materia de igualdade, dous para colectivos en situación de emerxencia social ou en risco de exclusión e outro destinado ás persoas maiores. A axuda solicitada ascende a 29.256 euros.
27.03.2017.- A solicitude do Concello enmárcase na liña 2 do POS 17, a través da cal se pode financiar gasto corrente novo vinculado a acción e actividades de competencia municipal en materia de servizos sociais.

O primeiro dos programas destinados a traballar con colectivos desfavorecidos é o de Intervención con Familias en Situación de Emerxencia Social, que xa conta no haber dos Servizos Sociais do Concello con varias edicións obtendo avaliacións positivas. Este programa traballa nos eixos da infancia e a adolescencia, a familia e a integración de colectivos en risco de exclusión social. Para a de 2017 solicítase unha axuda de 4.000 euros aos que o Concello achegará 870 euros máis.

A segunda das iniciativas é o programa “Sarsalé” que se enmarca na Estratexia de Inclusión Social da poboación xitana Galicia 2014-2020 da Xunta de Galicia, e no que os Servizos Sociais de Vilagarcía traballan para fomentar medidas que favorezan a integración socio educativa e a mellora da calidade de vida dos/as menores de familias en situación de precariedade e para evitar a reprodución xeracional da pobreza, apoiando o desenvolvemento de metodoloxías de intervención integral a nivel individual e familiar, así como accións con enfoque comunitario.Para este programa, o Concello reserva 14.000 euros do POS 17, que se implementan cunha achega municipal de 1.206 euros.

Tres iniciativas en materia de Igualdade

Outros 7.256 euros do fondo provincial destinaranse ao Programa de Sensibilización en Igualdade e Recuperación Persoal dende a Perspectiva de Xénero no que se inclúen varias accións dirixidas a diferentes destinatarios pero sempre co obxectivo da igualdade. Son o “Obradoiro de Cociña e Habilidades Domésticas para Nenos e Nenas Eu tamén sei cociñar”, os obradoiros de Arteterapia para mulleres en situación de violencia de xénero e, por último, o ciclo de Charlas de Sensibilización e Igualdade de Xénero e Prevención da Violencia nos Centros de Secundaria de Vilagarcía.

O último dos programas incluídos no POS 17 chega dende a Área de Persoas Maiores e trátase dos Obradoiros de prevención da dependencia “Activa o teu Corpo, Activa a túa Mente”. Para esta acción solicítase unha achega de 4.000 euros aos que a administración local engadirá 356 máis.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -