SERVIZOS SOCIAIS
O alcalde e a concelleira de Benestar reciben á directiva da Federación Galega de Alcohólicos Rehabilitados A nova directiva da Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia FEARGA, foi recibida no Concello esta mañá polo alcalde, Alberto Varela, e á concelleira de Benestar, Tania García. Os directivos do colectivo que aglutina a todas as asociacións galegas deste ámbito presentáronse de xeito oficial ao goberno, ao que lle anunciaron que establecerán en Vilagarcía a sede oficial da Federación.
28.03.2017.- O presidente de FEARGA, Javier Fernández Aguín, tamén é membro da Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Vilagarcía de Arousa (Areva), ao igual que varios membros da nova directiva da federación galega. Esta é a razón pola que centralizarán dende aquí a súa labor a nivel autonómico. Aproveitando a circunstancia, tamén se falou da colaboración do Concello con AREVA. A asociación conta dende o pasado ano cunha subvención nominativa no marco das axudas anuais que concede Servizos Sociais a distintas entidades sociais se ánimo de lucro que operan en Vilagarcía. Ata ese momento, o colectivo carecía de axudas municipais. A subvención ascendeu a 800 euros en 2016 e elévase a 1.00 euros este ano.
Os directivos de AREVA comentaron a súa intención de incrementar en Vilagarcía as campañas informativas e de difusión da súa labor de apoio a alcohólicos que pretenden rehabilitarse, así como aos que xa o fixeron, e tamén de prevención do consumo de alcohol.