_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
A Xerencia de Urbanismo propón volver expoñer ao público a modificación puntual relativa á finca dos Martices

O Consello da Xerencia de Urbanismo aborda mañá a proposta dos técnicos municipais de volver a someter a información pública a Modificación Puntual do PXOM relativa á finca dos Martices. Aínda que o documento xa pasou este trámite legal tras a súa aprobación definitiva polo Pleno, posteriormente foron introducidas variacións conforme aos informes de Patrimonio, de aí a proposta de abrir un novo prazo de exame e presentación de alegacións.
28.03.2017.- A devandita Modificación Puntual non supón cambios substanciais respecto á actual situación recollida no Plan Xeral en vigor, pero si permitía que a propiedade dispuxera dos terreos precisos para levar a cabo a ampliación da factoría de Larsa e reordenar o resto da parcela. Ademais, establece un perímetro de protección para a antiga cheminea de Larsa, catalogada como ben a protexer como elemento representativo da arquitectura industrial. No marco da iniciativa tamén se recolle a cesión ao Concello da casa solariega e a capela sitas na finca, que pasan a ter a consideración de equipamentos públicos. Como consecuencia, a modificación reordena o resto dos terreos privados unha vez restados os equipamentos.

A variación que se ven de introducir é a relativa ao cómputo da edificabilidade no que, inicialmente, se tiña en conta á correspondente aos equipamentos públicos que se doan ao Concello, e que finalmente non se computan.

Pese a que os técnicos consideran que as modificación non son de “carácter substancial”, o que si obrigaría a realizar unha nova exposición ao público, a efectos de disipar dúbidas e en pro dunha total transparencia, aconsellan iniciar un novo proceso durante o prazo de 2 meses a contar unha vez que a medida sexa publicada en boletín oficial. En vista do resultado do primeiro trámite, que se saldou cunha única alegación, é de supoñer que o novo prazo non xere moitas máis. Rematado este trámite, a modificación deberá ser aprobada definitivamente polo Pleno para a súa incorporación ao PXOM.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -