_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Medio Ambiente informará o mércores aos veciños de Rodrigo de Mendoza e A Florida sobre a compostaxe urbano

A concellería de Medio Ambiente convoca a todos os veciños do entorno do parque da Coca (Avenida Rodrigo de Mendoza e A Florida) a acudir o próximo mércores, 5 de abril, ás s esións informativas sobre a compostaxe urbana. A mestra composteira que dirixe e coordina o plan no Piñeiriño será a encargada de explicar o proceso e aclarar as dúbidas e suxestións que planteen os veciños, xa que a idea do Concello e estender o plan a esta outra zona de Vilagarcía.
29.03.2017.- As charlas celebraranse nun punto intermedio do parque, ao pé das escaleiras sitas a carón do parque Infantil da Coca. A charla matutina comezará ás 11 da mañá e haberá outra a partir das sete da tarde, co obxecto de que poida asistir un maior número de veciños. A partir de mañá, operarios municipais empezarán a colocar en todos os portais e locais da zona carteis anunciando as sesións.

O edil de Medio Ambiente espera contar coa colaboración e disposición dos veciños desta zona, en especial tendo como exemplo a positiva experiencia que está en marcha no Piñeiriño onde, despois dos lóxicos temores iniciais, os veciños xa comprobaron que o proceso ben realizado non xera nin cheiros nin ningunha molestia ou prexuízo. Pola contra, supón un xeito ecolóxico de reducir os residuos sólidos orgánicos que se xeran nas casas e de elaborar un abono natural do que dispoñen os veciños. Estas son as razóns polas que no Piñeiriño xa estean participando no plan o dobre de persoas das anotadas inicialmente e se tivera que instalar un segundo centro de compostaxe noutro punto do barrio.

O concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño, anima aos veciños do contorno da Coca a achegarse ata o Piñeiriño a comprobar por eles mesmos o funcionamento dos centros de compostaxe e percatarse en primeira persoa de que non producen cheiros nin molestias de ningún tipo.

Polo momento, e ata que non se celebren as sesións informativas do mércores, o Concello non continuará os traballos de acondicionamento das plataformas para instalar os composteiros comunitarios e cuxo emprazamento foi recomendado pola mestra composteira. A idea é colocar dúas liñas para dar servizo a ampla zona comprendida entre Rodrigo de Mendoza e A Florida, colocando unha no inicio do parque da Coca e outra na parte superior do mesmo, ao pé da beirarrúa da Rúa Florida. Dado que se trata dun parque fluvial, o Concello pediu a opinión de Augas de Galicia sobre o emprazamento dos composteiros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -