_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
O goberno recolle as suxestións dos praceiros para incorporalas ao regulamento do funcionamento do Mercado

Os servizos técnicos e xurídicos do Concello comezaron xa a avaliar as propostas que os representantes do colectivo de praceiros presentou onte ao goberno local para a súa inclusión no novo regulamento de funcionamento do mercado público. O colectivo considera necesario encher os baleiros legais relativos ás concesións administrativas máis antigas e demandan a uniformidade de todos os vendedores da Praza, tamén propoñen concretar os días máximos ao ano nos que as concesións poden estar inactivas, así como definir o tramo horario para a entrada e saída de mercancías na sala de Abastos.
29.03.2017.- A reunión de onte contou coa presenza por parte do goberno local do concelleiro de Mercados, Juan Antonio Pérez Callón, e a edil de Urbanismo, Paola María. Por parte do colectivo de vendedores do mercado público participaron o presidente da asociación de praceiros e tres directivos máis.

Como se sabe, o goberno iniciou hai meses o proceso de revisión e actualización do regulamento de uso e funcionamento da Praza de Abastos. A reunión de onte convocouse para explicar o proceso e, principalmente, para recoller as suxestións dos profesionais do mercado, posto que eles son os principais afectados pola norma e tamén os que mellor coñecen o funcionamento da praza.


Cómpre lembrar que o actual regulamento de mercados data de 1992, sendo unha reforma do orixinal de 1986. Dende entón ata hoxe cambiaron moito as cousas, non só dende o punto de vista dos hábitos de compra senón das propia estrutura e organización da praza e do mercado, de aí a necesidade de adaptar a norma os novos tempos e aos novos espazos, cunha segunda fase de reforma da praza en marcha. Os profesionais comparten a necesidade de actualizar a norma e expuxeron as súas propostas de mellora. Estas propostas comezaron a ser avaliadas hoxe mesmo polos servizos técnicos e xurídicos do Concello nunha xuntanza na que participou o concelleiro da área, a secretaria xeral do Concello, o xefe de Mercados e a técnico da Concellería. O obxecto é analizar as propostas e darlles o encaixe legal para recollelas no texto.

Pérez Callón comentou que unha vez que se complete este estudio técnico e xurídico e se emitan os preceptivos informes, o borrador do regulamento será entregado aos praceiros e aos grupos da oposición para que o supervisen e, se o consideran oportuno, presenten as súas propostas de mellora antes de pechar o documento definitivo que se elevará ao Pleno.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -