_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno logra outro acordo para usar dous solares na Avenida de Cambados como aparcamento público

As xestións do goberno local paliar o déficit de prazas de aparcamento en Vilagarcía seguen prosperando. De feito o executivo de Alberto Varela chegou a un acordo cos propietarios de dous solares na Avenida de Cambados para que poidan ser utilizados libremente como estacionamentos públicos. As parcelas suman unha superficie de 3.722 metros cadrados e atópanse a uns 40 metros da Rúa Vista Alegre e a 5 minutos a pé do mercado e do centro da Praza de Galicia, polo que serán un bo servizo ás persoas que pretenda acceder a etas zonas.
30.03.2017.- Os terreos pertencen á Familia Álvarez Conchado e se distribúenn en dúas partes. A primeira con fachada pola Avenida de Cambados (de 2.250 metros cadrados) e a segunda cara a rúa Porto Rey de (1.472 metros cadrados). Aínda que na actualidade xa son varios os condutoers que usan unha das parcelas como estacionamento, unha vez asinado o convenio nos termos acordados cos propietarios, o Concello encargarase de explanar os restantes para permitir o acceso de vehículos na totalidade das fincas.

As avantaxas que supón esta nova bolsa de aparcamento público ao pé do centro urbano son moitas e o Concello soamente terá que compensar aos propietarios cun canon anual de 2.312 euros, o importe que suman os recibos do IBI destas parcelas. Ademais, os propietarios poderán solicitar a reversión dos terreos no momento no que desexen obrar ou usalos, previo aviso de 3 meses de antelación.

O acordo cos propietarios xa é firme e estase a redactar o texto final do convenio para formalizado mediante a firma do mesmo. Será entón cando o Concello inicia o acondicionamento dos terreos.

A Escardia e O Piñeiriño

Este non é o primeiro acordo acadado polo goberno local para dotar a Vilagarcía de máis aparcamentos públicos. De feito, xa están asinados e sendo utilizados dous solares na zona da Escardia. Tamén se chegou a cordo coa familia propietaria dos terreos do Piñeiriño axexos ao colexio, acordo que permitiu completar a beirarrúa e habilitar unha gran bolsa de estacionamento para dar servizo ao centro educativo, ao barrio e ás instalacións multideportivas de Fontecarmoa. O Concello xa conta tamén co permiso destes propietarios para a explanación definitiva dos terreos, traballos que comezarán en breve e permitirán rematar a actuación proxectada.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -