_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello destina 109.000 euros do POS á recuperación de lavadoiros e mellora do mobiliario urbano no rural

No marco das actuacións que o Concello de Vilagarcía executará ao longo dos vindeiros meses con cargo aos fondos provinciais que lle corresponden a Vilagarcía en 2017, o goberno local incluíu varias actuacións para as parroquias do rural. A dúas delas, as correspondentes ao Plan de recuperación de Lavadoiros e a de Melloras do Mobiliario urbano das zonas da periferia, destínanse un investimento de 109.490 euros que se financiarán con cargo ao Plan de Obras e Servizos.
31.03.2017.- O Plan de Recuperación de Lavadoiros tradicionais existentes nas parroquias do rural ponse a andar este ano co arranxo e rehabilitación de dous destas construcións típicas da arquitectura popular: O lavadoiro de Trabanca Badiña e o de Vilaxoán. Segundo se recolle na memoria, os traballos a realizar nos lavadoiros consistirán na restauración das estruturas de cuberta, no cambio do material da cubrición e na reparación de filtracións.

Nos dous casos proponse a substitución do actual material de cubrición, que non é o orixinal xa que inclúe placas de fibrocemento. Dada a presenza de amianto, o proxecto prevé a retirada deste material por parte de empresa autorizada inscrita no RERA para a manipulación e tratamento de refugallos conforme a normativa específica. Conservaranse as estruturas de pendentes actuais, realizando as reparacións necesarias, para dispor sobre elas novas placas de fibrocemento sen amianto e un remate superior de tella cerámica curva, como era tradicional.

No caso concreto do lavadoiro de Trabanca Badiña, que perde auga debido á presenza de fendas que fan avanzar o seu deterioro, procederase a reparación da estanquidade do pilón.

Para este primeiro proxecto do plan de recuperación de lavadoiros o Concello destina 30.000 euros do POS.

O investimento para a mellora de mobiliario urbano no rural é superior, xa que acada os 79.490 euros que se distribuirán en dúas medidas. A primeira, afecta ás marquesiñas das paradas do transporte público. Aquelas que se atopan degradadas ou en mal estado serán substituídas por elementos novos, máis cómodos e modernos, e noutros casos colocaranse marquesiñas en paradas que carecían delas. Adquiriranse 14 estruturas a tal fin.

A segunda medida será a relativa á mellora e ampliación de bancos nos espazos de reunión e de esparexemento das distintas parroquias. Trátase dunha medida demandada en moitos casos polos veciños durante as visitas que os membros do goberno teñen realizado ás parroquias. Para dar cumprimento a esta necesidade, adquiriranse 40 bancos nos que se primará a resistencia dos materiais e a comodidade dos asentos.

As actuacións proxectadas polo goberno socialista van an liña de dar cumprimento aos acordos acadados co BNG e o concelleiro de EU, Miguel Alves, para a aprobación do Orzamento Municipal de 2017 e centradas no rural. No que respecta á mellora dos lavadoiros, a actuación encaixa na política que está a seguir o executivo socialista sobre conservación e preservación do patrimonio local e atende a unha proposta expresa realizada polo grupo municipal do BNG durante á negociación orzamentaria

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -