_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Xuventude ofrece formación en animación á lectura a monitores de tempo libre

Coincidindo co mes dos libros, a Concellería de Xuventude pon en marcha un curso de animadores á lectura. A actividade está destinada a mozos e mozas de 18 a 35 anos, tendo preferencia os desempregados e aqueles que xa dispoñan do título de monitor de tempo libre. A asistencia ao curso é gratuíta e os interesados dispoñen ata o 7 de abril para inscribirse. A actividade formativa componse de 12 horas lectivas que inclúen parte teórica e práctica e desenvolverase do 19 ao 22 de abril en horario de tarde.
01.04.2017.- A Concellería que dirixe Sonia Outón ofrece esta nova actividade no marco da súa liña de formación para a mocidade. No caso deste curso de Animador á Lectura, aínda que aberto a todo o público, oriéntao especialmente a un sector laboral bastante demandado polas administracións públicas, como é o da animación en tempo libre, concretando por vez primeira no campo da animación á lectura.

O obxectivo do curso que se pretende con este proxecto é dar a coñecer as técnicas e estratexias a utilizar na Educación para que a lectura se converta en algo pracenteiro e interesante para os alumnos e alumnas. Os contidos que se abordarán na actividade van dende a labor familiar e docente de cara a animación á lectura, a selección de libros para atraer aos rapaces, as normas xerais para animalos a ler, e xa, dun xeito máis concreto, a animar a ler dende a propia lectura, dende a escritura, dende a oralidade e dende outros xeitos de expresión.

Os interesados en participar nesta actividade deben inscribirse presentado cuberto o formulario dispoñible no taboleiro de anuncios da web municipal e entregalo no Rexistro Xeral do Concello. O prazo remata o día 7 de abril a lista de admitidos publicarase o día 12.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -