OBRAS E SERVIZOS
Doce parques infantís de catro parroquias entran no Plan de Mantemento e Mellora deste ano O Concello de Vilagarcía desenvolverá este ano o segundo Plan de Mantemento e Mellora de Parques Infantís. Nesta nova fase farase un investimento de 50.000 euros dos que se beneficiarán doce áreas infantís das parroquias de Santa Baia de Arealonga, Sobrán-Vilaxoán. Cea e Bamio. En todos acondicionaranse os xogos e onde non existan, construiranse ramplas de acceso e colocaranse paneis informativos. A actuación financiarase a través do POS 2017.
03.04.2017.- Os parques nos que se actuará dentro da parroquia de Santa Baia de Arealonga son os de A Laxe, Os Duráns, Trabanca Badiña-A Fonte- Compostela e Trabanca Sardiñeira. Na parroquia de Sobrán-Vilaxoán actuarase nas áreas infantís de As Pedras, Urbanización A Gaivota, Dona Concha e Faxilde. Mentres que en Cea serán obxecto das tarefas de mantemento os parques de Castroagudín-Centro Cultural e Castroagudín- Escola Unitaria, e en Bamio no do Pedroso.
Como xa fixo o ano pasado nos ouros 17 parques nos que se interviu a través deste mesmo plan, os traballos consistirán na desmontaxe de todos os xogos para proceder a súa reparación, substitución de pezas que o precisan lixado e pintado, para volver a colocalos no seu emprazamento unha vez rematado o proceso. Ademais, nas á áreas de As Gaivotas, Trabanca Badiña-A Fonte e Os Duráns, construiranse ramplas de acceso e na da Escola Unitaria de Castroagudín colocaranse planchas de corcho sintéctico. Tamén se colocarán paneis informativos donde non os hai.
O Concello de Vilagarcía puxo en marcha o ano pasado este Plan de Mantemento e Mellora dos Parques Infantís do municipio con de continuidade, a efectos de que as ´ñareas infantís presenten sempre a súa mellor cara e os elementos de xogos estean en perfectas condicións para ser utilizados polos cativos con todas as garantías. Ademais, cun mantemento anual constante, o custe das reparacións acúrtase a medio prazo. O ano pasado actuouse en 17 áreas de xogos. Foron as de San Roque, Celso Emilio Ferreiro, Santa Ana, Matosinhos, Invisa O Pasto, A Torre, O Preguntorio, Renza, O Rial, Fontecarmoa, Carballeira dos Borrizos, O Sixto, O Souto-Rubiáns, A Igrexa, Pumariño, O Salgueiral e San Xoán-Bamio.