_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
A II Feira de Antigüidades de Vilagarcía desenvolverase do 7 ao 9 de xullo

Vilagarcía volverá a contar este ano cunha Feira de Antigüidades que se desenvolverá en Fexdega dos días 7, 8 e 9 de xullo. O éxito da primeira edición, celebrada en maio do ano pasado, sumado ao emprazamento estratéxico da cidade e ás idoneidade das instalación do recinto feiral , foron a causa de que a promotora catalá Nougrupfiral volvese a apostar por Vilagarcía coa idea de consolidar esta mostra no calendario fixo de eventos feirais.
03.04.2017.- Despois do éxito de público e de expositores co que contou a edición do ano pasado, a segunda feira de Antigüidades de Vilagarcía está xerando unha grande expectación xa que este é o único evento destas características que se organiza en toda a provincia. O ano pasado a mostra reuniu a 44 anticuarios procedentes de diversos puntos de España e de varios países europeos, e se ocuparon 3.200 metros cadrados coa exposición. O público tamén respondeu con interese polo que a gran acollida que tivo, fai prever que a edición deste ano sexa aínda máis concorrida.

No evento do ano pasado expuxéronse antigüidades propiamente ditas e de distintas épocas e tamén pezas vintage e curiosidades varias, como a cámara de fotos que Hitler lle regalou a Franco durante as Olimpíadas de Berlín.

A temporada feiral en Fexdega conta xa con catro grandes eventos marcados. O primeiro, o Salón Arousa Motor, terá lugar do 28 de abril ao 1 de maio, ao que lle collerá o relevo Expocasa, unha cita dedicada a todo o relacionado co fogar que recala por vez primeira en Vilagarcía e que se celebrará do 13 ao 17 de maio. Os vehículos regresarán ao recinto da Maroma entre o 26 e o 28 de maio co Salón Solo Clásicos e, finalmente xa en xullo terá lugar a II Feira de Antigüidades.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -