CONCELLO
O monologuista Miguel Lago representa en maio no Auditorio o espectáculo “En directo” Despois do seu exitoso paso polo Teatro Reina Victoria de Madrid, o monologuista Miguel Lago actuará o 26 de maio no Auditorio de Vilagarcía. O galego, que hai uns anos exerceu de pregoeiro das Festas de San Roque, subirase ao escenario do Auditorio para poñer en escena o seu último espectáculo “En directo”. As entradas para asistir ao monólogo de Lago poranse á venta o mércores, 3 de abril, a 10 e 13 euros (máis custes de xestión), a través de ticketea. Na venta en taquilla os presos elevaranse a 12 e 15 euros.
03.04.2017.- Con “En Directo”, Miguel Lago plántase ante o espectador cun show incómodo con verdades imposibles de dicir que sorprenderá a todos aqueles que se acheguen a velo e que fará que non poidan parar de rir. Este espectáculo presenta ao lago máis cáustico, crítico e mordaz nun arranque de temporada que chega despois de que máis de 50.000 persoas aplaudisen o seu anterior “Soy un miserable”, co que colgou o cartel de entradas esgotadas en Madrid.
En ”En directo”, o miserable Miguel voa so nun show do que artistas como Pedro Ruíz dixeron que "é magnífico, non deixa títere con cabeza, ten o éxito asegurado", Eloy Arenas destacou recentemente a calidade do espectáculo tildándoo de "Imprescindible" e milleiros de espectadores coincidiron en que "non te deixa indiferente".
Nado en Vigo, Miguel pasou varios anos da súa mocidade en Vilagarcía. Comezou a dedicarse ao humor aos 18 años e descubriu o xénero coa primeira edición de 'El Club de la Comedia'. Tras catro nos facendo actuacións por Galicia, presentouse ao casting deste espazo e conseguiu ser seleccionado entre os 20 mellores dos 800 candidatos. Gravou 9 monólogos con Paramount Comedy, un especial "Pata Negra" e foi membro da xira "10 cómicos 10", así como un rostro habitual de "Las noches de El club de la comedia". Tamén ten escrito libros, actúa en teatros e é un rostro televisivo habitual.