_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os presupostos municipais de Vilagarcía superan a exposición pública sen alegacións

Os Presupostos Municipais para 2017 non recibiron nungunha alegacións durante o período de exposición ao público que rematou o pasado venres, 31 de marzo. A diferenza do anterior mandato e incluso de anos anteriores, os orzamentos de 2017 son os primeiros que se poñen en marcha sen contar con obxeccións por parte dos grupos da oposición -os segundos do executivo de Alberto Varela si se conta a excepcionalidade da aprobación en Xunta de Goberno do documento de 2016-. Dada a inexistencia de alegacións, os orzamentos quedan aprobados de forma automática e xa non é preciso que volvan ao Pleno, polo que entrarán en vigor tan pronto como salga a súa publicación nos boletíns oficiais a onde xa se remitiu o anuncio.
05.04.2017.- O goberno local valora de xeito positivo que non se teñan presentado alegacións xa que é a proba de que o documento final foi axeitadamente negociado e enriquecido coas aportacións da parte da oposición coa que foi posible chegar a acordos. “E os que nin presentaron propostas nin quixeron negociar, está claro que tamén comparten que estes son uns bos presupostos, posto que non alegaron nada en contra. Ou iso, ou tiñan poucas gañas de traballar, que tamén podería ser”, expoñen dende o goberno.

En calquera caso, a inmediata entrada en vigor dos orzamentos supón unha boa noticia para os vilagarciáns xa que permite ao goberno comezar a poñer en marcha e a executar as accións proxectadas nel de cara a continuar avanzando no modelo de cidade que defende o equipo de Varela.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -