_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os responsables da Policía Local e Nacional constatan o baixo nivel de delincuencia na cidade

O alcalde Vilagarcía, Alberto Varela, reuniu onte no Concello aos máximos responsables da Policía Local e Nacional de Vilagarcía a efectos de avaliar conxuntamente as últimas incidencias rexistradas, avaliar a situación real no municipio e avanzar as liñas de actuación conxunta de cara á temporada de verán. Tanto a Xefa do servizo municipal como o comisario coincidiron ao destacar o baixo nivel de conflitividade existente en Vilagarcía, impresión que a Policía nacional constatou con cifras obxectivas que demostran que descenderon as ratios de delitos.
06.04.2017.- As estatísticas policiais poñen de manifesto a situación real que se vive en Vilagarcía,e que en ocasión vese distorsionada por incidentes puntuais, como o acontecido hai uns días na Praza de España, que fan que o nivel de seguridade ou conflitividade que perciben as persoas non se corresponda coa realidade. Ademais, dase a circunstancia de que os incidentes que se rexistran están protagonizados por un número por reducido de individuos reincidentes e coñecidos tanto pola poboación como polas forzas de orde e que, nalgún caso, hai que abordar de forma conxunta cos Servizos Sociais municipais e autonómicos. Precisamente na xuntanza tamén se testou a fluidez e coordinación dos corpos policiais cos Servizos Sociais do Concello.

Outro dos puntos abordados na reunión de onte foi o relativo á preparación da campaña de cara á temporada de verán, na que Vilagarcía rexistra un importante incremento da poboación, o que xera máis necesidade dos servizos policiais. Xunto co alcalde, os responsables das policías sentaron as bases para coordinar as actuacións de verán.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -